|
Pontevedra |
Avelaiña |
AVeLAIÑA é un grupo folc pontevedrés que trata de unir letras e melodías de carácter tradicional con arranxos que resulten atractivos e actuais, engadindo tanto harmonías novas coma ritmos étnicos ou compases compostos, na procura de sonoridades novas e orixinais. No ano 2001 autoedita un CD titulado "Proxecto AVeLAIÑA" no que xa se aprecian estas liñas de traballo. Da formación que gravou dito CD permanecen Felipe (percusións) e Antón (guitarras, baixo e bouzuki). Actualmente completan o quinteto: María (teclados), Loli (acordeón e voz), e Roberto (gaitas, pito, asubío, pandeireta, zanfona e voz). Tódolos compoñentes posúen unha ampla experiencia no ámbito musical galego, participando en grupos como Champurrada, Liorna, Alén do Ar ou o Cuarteto Tradicional Os Alegres. Aproveitan esta actuación para presentarvos os seus novos temas, que como no traballo anterior son todos de composición propia.
|
|
Contactos:
Roberto - 986 86 10 62 correo-e robertoquin@terra.es Antón - 986 72 03 97 correo-e villanueva@wanadoo.es
|
A casa do coto - <listado de grupos - programación cultural - enlaces