|
Cangas |
Chacarrandaina |
|
¿Que significa Chacarrandaina? .É unha palabra moi antiga, na actualidade pouco usada. O seu significado é o de ir de festa, pasalo ben..., que é o que os seus compoñentes intentan transmitir ó público coas suas cancións, introducíndo novos ritmos, con instrumentos coma o tambor redoblante (Premier), o djembe,... destacando na maior parte os instrumentos tradicionais galegos. Chacarrandaina fórmase no ano 2000, anque algúns dos seus compoñentes participaron durante anos en diversas agrupacións folclóricas. Nalgunhas actuacións a banda divídese en dous pequenos grupos, cada un de 5 compoñentes, e estes quintetos reciben os nome de ANÍROLA e ESMORGA. Os compoñentes do grupo, traballadores e estudantes ascenden a 10 persoas, con idades comprendidas entre os 15 e os 24. Decimos ascende porque cando se formou o colectivo constaba de tan só 5 membros. A organización do grupo lévase a cabo entre todos, tanto os menores como os maiores aportan os seus coñecementos para unha mellora do grupo. Cabe suliñar a función de Xabier Rebouzas, presidente e director da banda durante estes dous anos. As pezas que van interpretar esta noite son todas de autores galegos, como Bieito, Romero, Carlos Corral A Noite das Meigas, Polca de Lioira, Xota do Cebreiro, Rumba de Vergara, Vento das Cíes... |
|
Contactos:
Tlfs: 986 304 327 || 627 951 434 |
A casa do coto
-