|
O grupo de música tradicional
“Pai da Cana” nace no ano 1995 dentro da A. C. Pai da Cana, como
froito da suntanza de un grupo de folcloristas que se plantexan
como tarefa principal, o achegamento da música tradicional galega
a tódolos públicos na procura dunha identificación máis directa
coas nosas raices.
Durante uns anos foron
innumerables as actuacións que realizaron por toda galicia entre
as que cabería destacar moitos festiváis, intervencións no
programa Luar da TVG, programas de radio, así como unha saída das
nosas fronteiras para realizar un concerto na Casa de Galicia de
Madrid. Nesta etapa o grupo tamén foi gañador de diferentes
premios coo o II conscurso de Música Tradicional de Vigo (1996)
así como o I e III Memorial Manuel Texo (1996 e 2000).
No inverno do ano 2002
PaidaCana reorganízase de novo con outra formación de músicos e
integrantes, así músicos procedentes da canteira de escola da
asociación, antigos PaidaCana e outros intérpretes están agora
inidos no proxecto de continuidade dun gropo que nos esmoreceu.
PaidaCana remata unha
primeira etapa coa gravación dunha parte do seu repertorio nos
discos: Ruta Folc.: Terra Galega (Disco Trompo 1998) I e II,
Concurso de Gaitas Manuel Texo (1998 e 2000) e Os Sons da Ulla (Phonos
2001).
Despois dunha intensa
preparación o grupo está listo para mostrar a súa nova proposta
musical, mantendo a categoría e o nivel que sempre caracterizou ó
Grupo de Música Tradicional PaidaCana.
O novo PaidaCana pretende
representar a riqueza da tracición musical galega das diferentes
épocas ofrecendo o máis variado abano de posibilidades da música
poùlar, misturados cuns arranxos modernos e actuáis cos que
plasman a personalidade de grupo que define o selo PaidaCana,
nunca proposta na que predomina a orixinalidade, frescura,
tradición e innovación a través da madurez interpretativa do
conxunto.
O repertorio do grupo está
formado fundamentalmente por melidías populares do noso acervo
interpretadas con instrumentos representativos da nosa cultura.
PaidaCana representa ademáis
diferentes formacións musicáis, estas aranquen dende as máis
enxebres e proias da nosa tradición ata os grupos flques actuáis,
así representan solistas ou agrupamentos de músicos populares dos
que resaltan: o gaiteiro solista, os cuartetos tradicionáis, as
charangas, os coros, zanfinistas e violinistas, así como calquer
outra formación que estivera presente en Galicia nalgunha das súas
épocas.
Nas actuacións o grupo
pretende crear un ambente de festa do que todos poidan ser
partícipes nun momento dado disfrutando así dun repertorio no que
reservamos un espacio para tódolos gustos, así poderanse ver
identificados co grupo, os puristas, os innovadores e aqueles que
só pretenden pasar un rato agradable escoltando boa música, das
mans e na compaña de PaidaCana.
|