|
A casa do Coto |
A agrupación “Trompos
ós pés” nace en maio de 1978 en Marín (Pontevedra) trala iniciativa dun
grupo de xóvenes por fomentar e amosa-lo folclore galego por tódolos pobos e
rexións. Está formada por uns trinta xóvenes que se reparten entre as
distintas seccións que a conforman (corpo de baile, grupo de gaitas e
percusión, e pandereteiras).
Amosan unha grande variedade de vestiario que representa distintas zonas da
xeografía galega, como Santiago, Tuy, As Mariñas, Ordes, etc..
Nas súas actuacións presentan danzas que seguen as pautas tradicionáis no
que á coreografía e música se refire.
Tras ter actuado en gran parte de Galicia, amplían as súas actuacións con
outras ofrecidas fóra da Comunidade Galega, coma as derradeiras realizadas
en León, Zamora, Cádiz, Segovia ou Málaga, sen esquencer o gran número de
visitas que a agrupación realizou ás cidades máis importantes do país veciño,
como Monçao, Vila Real, Barcelos, Esposende, Oporto, Coimbra, Matosinhos,
Ilhavo e Arcos de Valdevez. Ó longo das súas reunións folclóricas
compartiron escenario con agrupacións de Brasil, Arxentina, Eslovaquia,
Venezuela, Holanda, Bulgaria ou Portugal.
Teñen participado, en máis duna ocasión, en programas para as televisións
local, nacional e autonómica, como “A Xanela”, “Galicia para el Mundo” e
“Galicia enteira”, respectivamente.
A agrupación organiza un festival folclórico que conta coa participación das
mellores agrupacións do momento, tanto nacionáis coma internacionáis.
|