O funcionamento do motor Otto de catro tempos:
Cada cilindro ten dous válvulas, a válvula de admisión A e a de
escape E . Un mecanismo que se chama árbore de levas abreas e cerraas nos
momentos adecuados. O movemento de vaivén do émbolo transfórmase
noutro de rotación por unha biela e unha manivela.
O funcionamento explicase con catro fases que se chaman tempos:
1. tempo (aspiración): O pistón baixa e fai entra-la mezcla
de aire e gasolina preparada polo carburador na cámara de combustión.
2. tempo (compresión): O émbolo comprime a mezcla inflamable. Aumenta a temperatura.
3. tempo (carreira de trabajo): Unha chispa da buxía inicia a explosión do gas, a presión aumenta e empuxa o pistón ata abaixo. Así o gas quente realiza un traballo.
4. tempo (carreira de escape): O pistón empuxa os gases de combustión ata o tubo de escape.