|
||
| O segredo mellor gardado. O Candidato do BNG | ||
![]() |
|
|
Despois de meses e meses de conxeturas en todas partes (rúa, xornais, páxinas web e por suposto Cambados.tk e o seu libro de visitas) xa coñecemos o nome do que será o candidato á alcalde por parte de Bloque Nacionalista Galego. Desde xuño do ano pasado sonaba cada vez máis forte a renovación de Xosé Ramón Durán como cabeza de lista, e así será finalmente. O nome da persoa que guiará ao BNG nesta nova etapa política é Víctor Caamaño Rivas. Foi dado a coñecer á prensa hoxe por parte do Consello Local do BNG na renovada sede do partido. VÍCTOR CAAMAÑO Naceu en Noia en 1962
e vive en Cambados desde 1971, cando os pais se mudaron á nosa
vila por motivos laborais. Está casado e ten unha filla e un fillo. É licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Bioloxía e profesor de secundaria desde 1990. En Cambados traballou no IES Ramón Cabanillas e actualmete no Francisco Asorey. Neste centro desenvolveu o cargo de Xefe de Estudos de EPA entre 2000 e 2004 e desde ese mesmo ano é o director do centro. Compaxinou durante algúns anos a docencia coa realización de proxectos biolóxicos para empresas alimentarias relacionadas co sector do mar. Un dato mi importante arredor da súa persoa e o seu forte carácter ecoloxista. Este compromiso co medio natural plásmase na súa integración no Colectivo Ecoloxista do Salnés desde o 1993 e a partir do 99 pasa a formar parte da súa directiva. Actualmente desempeña o cargo de Vicepresidente. O seu compromiso coa educación e co ensino galego proxéctase nas múltiples publicacións didácticas que ten realizado (por exemplo, libros de texto para 1º e 2º de ESO da Ed. Galaxia). Autor tamén de publicación de carácter medioambiental, como a serie dos "Espazos naturais de Galiza", "Fervenzas de Galiza", "Árbores de Galiza", "Montañas de Galiza", todas d´A Nosa Terra e e "A enseada Umia-Grove", de Candea. Na súa relación co partido que vai liderar, destacar que colaborou cos nacionalistas en asesoramento respecto de temas medioambientais e educativos da comarca e sobre todo da vila de Cambados. |
||
| A ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DO CANDIDATO | ||
"O noso obxectivo: conseguir o goberno munipal de Cambados" Xoán Antonio Pillado, actual responsábel local do BNG, presentou ao candidato e amosou os obxectivos principais marcado polo Bloque para estas eleccións municipais. Comezou afirmando que o nacionalismo é a única alternativa real á política do Partido Popular. Destacou o espírito de traballo en equipo do grupo municipal, un grupo segundo Pillado con experiencia política e con vocación municipalista. Foi claro canto ao que esperan dos comicios de primavera: " é necesario acadar o goberno municipal". As razóns que aportou para a elección do candidato foron a súa capacidade de reflexión e análise, que se plasma segundo el, na publicación de diversos traballos relacionados coa súa profesión. Por outro lado a súa firmeza na defensa dos seus ideais e valores, como pode ser a defensa do medio ambiente, da toleracia ou do respecto. Fixo fincapé na pertenza de Víctor Caamaño no Colectivo Ecoloxista do Salnés e na súa actual experiencia directiva no instituto Asorey. Pero tamén valorou positivamente o seu compromiso coas ideas do nacionalismo e a súa colaboración co BNG cambadés. Xoán Antonio Pillado rematou a súa intervención vaticinando que Víctor Caamaño será o vindeiro alcalde de Cambados. "O BNG é o único capaz de romper co dinamismo existente no Concello de Cambados" O seguinte
turno foi para o protagonista da rolda. O candidato, tomou a decisión
de integrarse na lista sabendo que tal decisión afectaría
á súa vida familiar, pero afirma que quere adquirir un compromiso
coa sociedade e con Cambados. Non é militante do Bloque Nacionalista
Galego, mais coincide nas súas ideas e principios. Víctor
Caamaño valorou positivamente o cambio das políticas na
Xunta de Galiza promovidas polo nacionalismo e puxo enriba da mesa estes
feitos como proba de que o BNG é o único partido capaz de
introducir cambios reais e de romper co dinamismo existente no Concello
de Cambados. " É necesario un cambio real e non só un cambio cosmético"
|
||