Son horas baixas para o goberno municipal de Cambados; máis ben, foi un ano máis que duro para o Concello.
Primeiro os
cheiros, aqueles meses nos cales todo o mundo tiña, ou ben nas súas casas ou ben cando saía á rúa ese cheiro fedorento que maldicía á vez que maldicía aos responsábeis de tal sufrimento. E o peor é que eles non cheiraban nin iso, nin tampouco o que tal problema podería significar co paso do tempo. E o tema medioambiental para este Concello, todo sexa dito, non é o seu forte.

 

Logo as inundacións do inverno. Até tres grandes anegamentos da nosa vila. Cambados foi Venecia durante un tempo. Despois de ter sido Channel nº5, ou máis ben case sen deixar de selo. O Concello mantivo que aquelo fora culpa das follas nas alcantarillas, e eu non vou contradicir a Tourís, tan só apuntar que quizáis os queixos lle axudaron ás follas.

 

Nin falar da Revista A Calzada, que cada vez que chega ás nosas casas os cambadeses temos que pararnos a pensar se se trata da revista municipal, do informativo popular ou da folliña parroquial. Por certo, que o boletín popular vén pegando cada vez máis forte...

Nin o Albariño lles saiu tan ben como acostuma suceder. Non houbo grandes estrelas, por moito que se diga o contrario, quizáis debido aos problemas que veremos de seguido. Bertín Osborne  pasaba por Cambados para mercar unha adega e El Fary non logrou a expectación que este mestre da música merecía.

 

E é que os cartos  tampouco sobran. As lista de débedas do Concello é de moitas, moitas páxinas ( e cando o digo é porque o vin), entre elas aparecen débedas por moitos, moitos cartos a frecuentadas ferreterías, ademais de pagas a diverso persoal funcionario ou as débedas bancarias.
Tamén lles deben a algunhas asociacións, a outras xa non lle conceden a
subvención porque...bueno, este “porque” é por todos sabido.


E o último atranco, pensarán eles, é a aparición da
mocidade. Non chegaban todos os problemas que agora resulta que a xuventude pensa. Limpar? Co cómodo que sería que se limitaran a facer botellóns e estiveran caladiños... Enriba xorden boas ideas e con todo isto do MACROLIMPADÓN aireouse por toda Galiza que en Cambados algo segue a cheirar mal, moi mal.

 

Cambados, un ano de CTK

 

 

PD. Preparádevos para este segundo ano, que vén cargado de eleccións, é dicir: de asfalto, de insultos, de promesas,  de mentiras, de boletíns, de panfletos, de mítines, de enchufes (non dos eléctricos) e de cambio(?). Ogallá.

De capa caída. Un repaso rápido.

O.P.P.

1