|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Eleccións 2003. Unha ollada atrás | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Para
comezar este espazo adicado por completo aos comicios do vindeiro Maio
cómpre coñecer antes cal é a situación coa
que chega a vila a este momento. TEMÁTICA da campaña. Os principais temas de debate por aquel entón xiraban encol da Sé do Consello Regulador, da organizacíon dos Xogos do Viño, do polígono industrial e, como sempre, da utilización do Concello en proveito duns poucos. Análise pormenorizada
PP Cores Tourís presentaba en Marzo de 2oo3 a que ía ser a lista gañadora en Maio. Unha lista continuista canto a obxectivos: revalidar a maioría absoluta, case imprescindíbel para gobernar, e continuar os proxectos comezados na lexislatura. Paseos marítimos, gardería, adquisición do Pazo Torrado...eran os exemplos que o actual alcalde daba para xustificar o que el defendía como bo facer. BNG
A mediados
de Febreiro o Bloque Nacionalista Galego de Cambados presentaba o seu
candidato e daba a sorpresa: non sería outra vez o ex-alcalde Xoán
Antonio Pillado, Xose Ramón Durán era a persoa que competiría
con Cores Tourís. Roque, independente no seo da fronte, xornalista
e adegueiro, acababa de comprometerse tralos acontecementos relacionados
co Prestige e coa guerra do Iraq. PSOE O Partido
Socialista presentou a súa candidatura a principios de Marzo no
Pazo da Capitana, coa presenza do seu secretario xeral Emilio Pérez
Touriño, quen anos máis tarde sería nomeado Presidente
da Xunta.
IPC Se a designación de Durán ao fronte do Bloque era unha sorpresa, a creación dun novo partido político aínda o era máis. Independentes por Cambados presentou ao avogado Álvaro Rodríguez como candidato a alcalde. Como bases do seu proxecto estaba, ante todo, o desenvolvemento das parroquias cambadesas e a consecución dos mesmos servizos para todas elas. Un ano antes das elección o grupo de Tabuyo fíxolles un guiño para integralos baixo as siglas do PSOE, pero Independentes concorreu de xeito diferenciado ás eleccións.
... |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |

OS
RESULTADOS Porén
as cousas ían seguir catro anos como sempre. Canto aos demais partidos,
o Bloque Nacionalista cambadés obtiña un mal resultado,
non conseguindo medrar e desbancar do goberno á dereita. Pasouse
de cinco representantes a catro, o cambio de candidato non callara entre
a sociedade cambadesa.
RESULTADOS EXACTOS POR MESA
*Con voto emigrante En azul mesas con maioría absoluta popular en votos e en vermello mesas sen maioría popular en votos Táboa sacada do número 9 da revista A Calzada A LEXISLATURA Non se vai
a analizar aquí todo o sucedido, xa que en parte é o que
levamos facendo neste ano e medio na páxina, pero si trazar os
sucesos principais. Canto aos
cambios nos concelleiros, hai dous importantes. Por un
lado, Domingo Tabuyo, líder dos socialistas, abandonaba
o seu posto na corporación para adicarse a cumplir co mandato que
lle deron os galegos o 14 de Marzo: ocupar o seu escano de deputado en
Madrid. Quedaba ao mando do grupo municipal o coñecido Pepe Daporta,
empresario cambadés. Canto a sucesos na vila, destacar os seguintes como resumísimo do acontecido(haberá tempo a falalo nestes 6 meses: perda da sede do Consello Regulador e reconversión do Pazo Torrado en museu, venda da Mercede, compra da Casa dos Fraga (é unha axencia inmobiliaria?), e todos os temas que coñecemos xa na web: paseos marítimos, inundacións, o gran problema dos cheiros, as instalacións deportivas(novo pabellón, problemas coas pistas de tenis), renovación da fachada litoral, nacemento do movemento da mocidade, problemas financeiros, etcetc.... |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||