2ªfin de semana de Novembro

Contacta en cambadostk@gmail.com

 

CATOIRA 1-XUV. CAMBADOS 2.

Importante e merecida vitoria que permite ao equipo da casa ampliar a 4 puntos a súa diferenza para co cuarto clasificado e iso é algo moi importante a ter en conta, xa que as dúas primeiras prazas son as que asegura o ansiado reencontro coa rexional preferente…. O partido foi vibrante aínda que non excesivamente vistoso e na segunda metade impúxose a maior calidade dos nosos e o noso Will (lágrima) , valla a redundancia, acadou o gol da vitoria a pouco do final…… O Cambados é o segundo clasificado por detrás do sorprendente Ribadumia no que o cambadés Blas segue a asinar os goles (a pares). Sorte tamén para os nosos veciños.

SALNÉS 2- AMANECER 0.

Bo partido e mellor resultado para o Salnés que parece erguer cachola tras un mal comezo, o Salnés foi o claro dominador do encontro no que Beni (Gogo) outra vez foi quen de perforar a meta rival. Moi bo resultado o que está a ofrecer o trianeiro nesta súa prmieira tempada, ánimo!.

SAN ANDRÉS 1- XUVENIS 1.

Trala decepción da semana pasada o equipo de Mileiro acodía ao campo do San Andrés con moito que perder e pouco que gañar posto que de non acadar algo positivo podía sair dos postos de privilexio. O partido non foi dos que marcan época, pero tralo susodito varapau da semana pasada acadar algo positivo era fundamental e fíxose a medias xa que segundo o seu segundo adestrador puidose gañar…. Este non é o equipo que nos embelesou no primeiro da tempada pero segue sumando e iso é importante e esperemos que quede para máis adiante ese fermoso fútbol que todos sabemos poden realizar...

ALONDRAS B 1 – CADETES 4.

O equipo de Neno Millán voltou ao vieiro das vitorias -e de que xeito!- , nada menos que goleando a domicilio aos sempre difíciles equipos cangueses…. Partido dominado de principio a fin e que puido ter un resultado cando menos máis avultado do xa de por si contundente 1 a 4. En resumo, bo partido e mellor resultado que serve para confirmar as boas sensacións que ao longo da tempada está a ofrecer.

VILAGARCÍA 8 – INFANTIL A 3.

No que a resultados se refire non parece ser o ano dos infantís , xa que o equipo do noso Fari tamén perdeu claramente por 7 a 0 , con este tipo de marcadores pouco se pode dicir a favor dos nosos, só que os dous equipos teñen bastantes e importantes baixas, e que a pesares do groso dos resultados están en clara fase ascendente en canto a fútbol se refire e de seguro na segunda volta revirarán o conto de seguro, ánimo pois!

BUEU 1- ALEVINS A 4.

Nova fácil vitoria do equipo de Richar, que gaña e convence aló por onde xoga. Novamente Piba acadou 2 goles (atención á capacidade realizadora deste neno) mentres que os outros dous foron acadados por Jaime e Manu Vázquez….. o equipo B de Anxo noutro amistoso virou a xeira de malos resultados (que non xogo ) e gañou con facilidade ao Arcade por 3 goles a 1.

BENXAMINS.

Non foi boa semana para os nosos pequechos, xa que o equipo de Blas perdeu por 11 a 1 co valor engadido de perder fronte ao “odiado” Arosa.
Vaites, sen dúbida que este equipo mellorará co paso das xornadas xa que considero que aínda non están por completo adpatados ao salto de categoría,…. No canto do equipo de Gabi perdeu tamén con claridade co Pontevedra de moita meirande envergadura.

 

 

Por Beni Pomares e Pablo Charlín

Veteranos: Chon

 

 

 

1