AS NOVAS DE CTK-TENIS DE MESA
8ªXornada

 

División de Honra: Oviedo T.M. 2 – Establecimientos Otero 4. Importante vitoria do Establecimientos Otero na súa visita a Oviedo, de cara á permanencia, e incluso a metas máis altas. O heroe da xornada, foi Jacobo Enseñat que conseguiu os seus dous puntos a nivel individual (contra Félix e Luis Aurelio), ademais do dobres, xunto a Karol Hasek. Karol fixo o cuarto punto para os cambadeses, ao vencer a Luis Aurelio. Os puntos ovetenses, fueron conseguidos polo rumano Bulbuc, sobre Karol e Quique Barreiro.

 

En Primeira Nacional, o Pomarco venceu claramente ao Mercantil de Vigo, por 4-1. Lauri Laane fixo dous puntos, Ñajo Padín un e estes dous xogadores (Lauri e Ñajo)

gañaron o dobres, perdendo o único punto do Pomarco, Moncho Barros.

 

En Primeira Feminina, no seu dobre desprazamento a Asturias, dobre derrota do Caixagalicia. No primeiro encontro contra o Avilés T.M., clarísima vitoria das asturianas por 4-0 e no seguinte partido contra o Asturaviles, apesar de perder por 4-1, foi moito máis igualado; o punto do Caixagalicia, conseguiuno Martina Domínguez, quedando en branco Gema Cores e Raquel Martínez.

 

En Segunda Nacional, tanto o Montebalsa coma o Caixanova, perderon os seus respectivos encontros por 4-0.

 

Como case sempre, as alegrías veñen da man dos “nenos”, xa que, tanto o Joyería Enrique de 2ª Galega, como o Astegal de 3ª Galega, gañaron os seus respectivos encontros, o Joyería por 3-4 en Cangas e o Astegal 4-2, fronte o Ceibe de Monforte.

 

Datos do Cambados TM

 

 

 

1