![]() |
| O
Partido Galeguista presenta ao seu candidato(31/Nadal/o6) Onte a mediodía no café Reboredo o Partido Galeguista-antes chamado Independentes por Cambados- presentou a Álvaro Rodríguez como o seu cabeza de lista para as eleccións de Maio. Aínda que hai unhas semanas o propio candidato declaraba a súa intención de abandonar a primeira liña na política municipal, decidiu continuar tralo acordo co PG. No acto estivo acompañado por Chesqui, vicepresidente do novo partido e histórco político meco. Como obxectivo que se marca o PG nestas eleccións destaca a súa vontade de gobernar Cambados, o cal abre a porta á posibilidade dun pacto que permita desaloxar á dereita do goberno. Máis info. en La Voz de Arousa |
| O
BNG denuncia altas sospeitosas no padrón municipal(26/Nadal/o6) Xoán Antonio Pillado Silvoso preguntará ao alcalde se son certas as informacións que indican que se está a dar unha suba nas altas do padrón municipal. Altas, que segundo din desde o BNG, son sospeitosas porque se dán no momento en que o grupo popular está a piques de perder a maioría no Concello. Piden que a Policía Local se cerciore da veracidade dos datos aportados polos interesados en cambiar de municipio. |
| Entrevistas
a Víctor Caamaño en Diario de Arousa e Faro de Vigo(25/Nadal/o6) Os xornais arousáns falaron co candidato á alcaldía do BNG e preguntáronlle cuestións arredor de múltiples temas. Podes ler a entrevista realizada polo Diario de Arousa aquí. |
| Independentes
por Cambados intégrase no Partigo Galeguista(22/Nadal/o6) Segundo informan os xornais, Independentes por Cambados pasa a acollerse ás siglas dos galeguistas de Manuel Soto e concurrirán ás eleccións baixo o seu nome, Partido Galeguista. O vindeiro sábado 30 o partido presentará os primeiros postos da lista, e se prevé que repita Álvaro Rodríguez como candidato a alcalde. Máis info. Diario de Arousa |
| Domingo
Tabuyo, preparado para gobernar(18/Nadal/o6) O candidato do Partido Socialista, Domingo Tabuyo Romero, declarou nunha entrevista para La Voz de Arousa este pasado domingo que o seu partido está preparado para asumir a alcaldía de Cambados. Do mesmo xeito, recoñeceu que retorna á política municipal baixo o mandato da dirección do seu partido, e que compatibilizará o traballo local co seu posto de deputado até nove meses despois dos comicios cambadeses, cando se renoven as Cortes. Precisamente tamén falou do traballo que ten desenvolvido en Madrid, onde di, nunca olvidou á súa vila e onde traballou a prol da súa mellora. |
| [+]O
segredo mellor gardado. O candidato do Bloque Nacionalista Galego(16/Nadal/o6) |
| A
executiva do PSdG-PSOE confirma a Tabuyo como candidato(10/Nadal/o6) Así, Domingo Tabuyo Romero pasa a ser o primeiro candidato oficial na carreira pola alcaldía de Cambados. A executiva tomou esta decisión ao entender que Domingo Tabuyo reúne na súa persoa a experiencia política necesaria para desempeñar o papel de alcalde -foi concelleiro e vén de ter estado no Congreso dos deputados desde as eleccións do 14M-, ademais doutras caracterísiticas, como a súa faceta de escritor, que foron valoradas positivamente polo órgano local do partido. |
| [+]Eleccións 2003. Unha ollada atrás(8/Nadal/o6) |
APERTURA DE MUDARCAMBADOS.TK(8-Nadal-o6) Inauguramos a canle
que se ocupará de seguir os acontecementos relacionados coas eleccións
do 27 de Maio de 2007. Aquí colgaremos as entrevistas, as reportaxes,
os artigos, quizais a convocatoria dalgún acto, ou calquera cousa
relacionada coa carreira polo goberno local. Démoslle o nome de
MUDAR CAMBADOS , máis gráfico, imposíbel. |
PODES DISCUTIR SOBRE ESTE E MÁIS TEMAS NO LIBRO DE VISITAS DE CAMBADOS.TK