O día de portas abertas (30 de Setembro e 1 de Outubro) na famosa "rede de Museus" de Cambados pareceunos un bo momento para comezar a nosa pequena análise sobre os mesmos.

 

O primeiro que cabe preguntarse é: é necesario nunha vila como Cambados ter más de cinco museus? A resposta podería ser afirmativa se estes lugares estivesen orientados

Rede de Museus
Proxecto viábel ou derroche?

Discute sobre isto no LIBRO DE VISITAS

acertadamente, pero, como indicaremos máis adiante,  hai nestes edificios unha falta de contidos que non se corresponde coa súa abundancia.

Repartiremos en dous capítulos a análise dos seguintes museus: Nun primeiro apartado visitaremos virtualmente o Muíño da Seca, o Pazo de Torrado e Exposalnés, e na segunda entrega veremos o museo do viño e  o do Mar.

Que é a Rede de Museus de Cambados?

 

É o conxunto de museus da nosa vila que forman os seguintes: Museo Etnográfico do Viño, Pazo de Torrado, Muíño Mareas A Seca, Casa Museo Ramón Cabanillas e Museo do Pescador. Todo o mundo que o desexe pode acceder a eles pagando unha entrada única de tres euros que permite  acceder aos cinco.

Exposalnés, un dos máis antigos de Cambados, porén, non forma parte da rede, e a súa visita é gratuíta.

MUÍÑO DE MAREAS A SECA

         A historia do primeiro museu que imos tratar está salpicada por máis de once anos de litixios e pleitos nos tribunais entre Costas e a familia Prego. Segundo Costas os terreos nos que se enmarca o singular edificio eran de titularidade pública, pero a Audiencia Nacional e o TSXG deron a razón a Miguel Prego e recoñeceu que  era esta familia a dona da parcela.


         En fin, deixando atrás a batalla legal relacionada coa Seca, temos que dicir que se algo vale a pena do Museu son sen dúbida tanto o entorno como o propio edificio. Pero é esta zona unha das máis castigadas en Cambados pola contaminación, por augas residuais

 como por residuos sólidos. De feito, foi este un dos lugares onde máis basura se recolleu no MACROLIMPADÓN organizado por POLONOSO, deixando patente a pouca importancia que se lle dá  por parte do Concello.

 

         Este, dos tres museus de hoxe, foi o que máis nos gustou. Basicamente porque o que se pretende ensinar xa estaba aí antes de que o Concello decidira mostralo. O propio muíño, que conserva a súa maquinaria, é o interesante do local. Destacar a amabilidade do encargado, un diplomado en turismo que nos contou todo o funcionamento e historia do muíño.

PAZO DE TORRADO

         O Pazo de Torrado sitúase no centro da vila, na Rúa Príncipe.

Foi construído no século XVIII pola familia Torre de Asadelos.

Destaca na  súa fachada  o patín de granito, os escudos de armas cas linaxes familiares e o portalón da entrada principal.

Viviu aquí D.Torrado, alcalde de Cambados e un dos principais impulsores da resistencia á invasión francesa de 1809.

En 1939 inaugurouse no Pazo un asilo para anciáns, pero a falta de espazo obrigou a transladar este asilo a Sto. Tomé (ao Pazo de Montesacro).

O Pazo conta ademáis con un extenso xardín  por detrás da construcción.

 

         Sempre se di que Cambados é  a capital do Albariño. Este Pazo, tería que albergar hoxe a Sede da D.O. Rías Baixas, pero as xestións de Tourís e Marisol Bueno remataron coa sede en Pontevedra. Agora, Torrado contén o segundo museu do viño da vila (xunto co da Pastora).

Existe unha crenza popular en Cambados acerca do pouco contido dos nosos museos, e do abuso que se fai das novas tecnoloxías neles. Pois ben, o Pazo de Torrado é o exemplo perfecto.

 

         Pódese dicir que cada sala posúe unha vitrina con botellas de viño e un Punto de Información Multimedia (PIM), o típico ordenador  que atrae aos usuarios pola súa modernidade e non polo seu servizo -parecidos aos que atopamos pola rúa e que tratamos xa noutro artigo-. Consultando a unha persoa coñecedora destas tecnoloxías, soubemos que cada PIM

pode costar sobre 3000 euros, e había arredor de oito.

Ademais, os corredores do museo teñen algunha que outra pantalla plana (sobre oito ou nove) que custan entre 1000 e 2000 euros. Resulta gracioso contar que cada vez que pasabamos por diante de dúas delas aparecía o noso ex presidente Fraga, incluso nun vídeo se citaban a moitos dos magníficos cabaleiros do Albariño, co cal parecía que se estaba a falar dos asistentes a un congreso do Partido Popular en lugar de falar dunha festa do viño.

Ademais, parece ser que eran necesarios tres proxectores grandes (800-1000 euros cada un) e un número maior de proxectores pequenos para explicar a repercusión da actividade vinícola.

 

         Ao saír pola parte de atrás do inmoble atopamos unha pequena zona verde cun piorno e tamén podemos observar como o resto dos xardíns pertencentes ao pazo segue completamente abandonado-cortaron árbores e mesmo deixaron alí contenedores da basura-. Nunha habitación situada nun nivel inferior atopamos, ademais dunha pantalla cun proxector, como non, unha serie de cilindros que deberían cheirar cada un a un aroma diferente dos que pode tomar o viño. É unha mágoa que nin sequera funcione correctamente, a pesar da súa aparente falta de uso.

 

         En definitiva, o Pazo de Torrado gustounos, pero non o museo que contén. É un espazo baldeiro de ideas e cheo de cartos gastados inutilmente. É o peor reflexo do malgasto de subvencións á galega.

EXPOSALNÉS

         Creado en 1997 tras moita polémica, parecida á do Muíño da Seca. Neste caso sucedeu que o goberno de Santiago Tirado elixiu a casa dos Daporta para ubicar este museu, apesar de que a eles non se lles concedera a licencia para obra. Segundo as hemerotecas Pepe Daporta consideraba como “maniática e envexosa” a actuación da alcaldía contra os bens da súa familia.

 

         Basicamente, o museu segue como hai dez anos. No andar inferior realízanse exposicións temporais     - apesar de que o espazo dista moito de

 ser o adecuado para mostras artísticas- e  conferencias ou cursos na pequena sala de actos. No andar superior destacar a maqueta d´O Salnés (si, esa na que podemos pulsar os botóns que nos sinalan na maqueta cunha luz  o lugar que pulsamos), unha escultura de Manolo Paz, un vídeo explicativo e  uns paneis.

 

         É certo que o malgasto de cartos neste local é moito menor que no caso anterior, pero aínda así Exposalnés é outro espazo sen contidos e sen dinamización. Un museu de xoguete máis para a lista cambadesa.

 

 

 

 

É un artigo de Iria Ribadomar e Matías, Carlos Prado, Hadrían Fariña e Óscar Pardo-Planas para CTK.

1