A cousa comezou mal desde o ano pasado, cando, a pesares de haber un cambio político na Xunta, voltou a ser Fraga o convidado  á festa. Pero naquela ocasión os xornais nos soprendían cunha nova como a seguinte: "Fraga anuncia que volverá a la fiesta, pero no en primera línea", algo que como veremos incumpliu o ex-presidente.

Porén, os erros repetíronse ao ano seguinte."Tourís tienta a Touriño con el título de «cabaleiro» si ayuda al Albariño". Como pode un alcalde tratar con tal desprezo ao presidente da Xunta de Galiza? A forma  de actuar do señor Tourís deixou patente que se hai tensións  Compostela-Calzada é porque ao noso alcalde interésalle que as haxa para logo dicir o que leva dicindo un ano: que a Xunta é un goberno sectario que discrimina aos concellos do PP. Moita cara teñen ao afirmar isto despois de dazaseis anos de neo(e vello)caciquismo e de favoritismos liderados polo Gran Mestre. Pero é que ademais é por este motivo que o aporte de menos cartos por parte do bipartito é completamente xusto. O Albariño é importante, si. Mais agora hai que repartir os cartos entre TODOS os concellos, cousa que non pasara  en  anos anteriores (quizais por iso Tourís estea mal acostumado).

 

O alcalde non é capaz de gardar as formas e cando o día da inauguración da Festa aparece o Conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal, ao alcalde só se lle ocorre dicir que non sabía se o conselleiro viña pola festa ou pola presenza de Samantha Fox. Ese é o respecto institucional que o alcalde amosa.

 

 

 

 

 

Un Domingo de Albariño

O.P.P.

Discute sobre isto no LIBRO DE VISITAS

As citas están extraídas da páxina web www.lavozdegalicia.es

A fotografía da cabeceira está extraída da páxina www.cambados.es

E por último temos o xantar popular do Domingo. E tanto que é popular!. Asistiron desde o presidente do Partido Mariano Rajoy, até o Presidente autonómico do Partido Feijoó, pasando polo presidente provincial do Partido Louzán, xunto con moitos alcaldes do Partido- como non- , todos eles acompañados polo gran Mestre Fraga Iribarne, que ao contrario do que dixera na anterior celebración si voltou a presidir o nomeamento de cabaleiros e damas (entre os que estaban xente como Corina Porro -co mérito de ter carné- e Foxo ,o director da Banda de Gaitas de Ourense, que ten como mérito  desterrar da banda as formas galegas reinventando as escocesas.)

Se queren que o Albariño sexa realmente unha festa popular eliminen toda a parafernalia política do Capítulo ou reconvírtana nalgo críbel. Deanlle protagonismo ao viño e á xente (para que si sexa popular). Deanse conta de que Cambados non pode ser un referente estatal das actuacións musicais, e en lugar de aproveitar para regalar cartos a amigos - véxanse as xornadas gastronómicas de Dismarga- aproveiten para potenciar ao máximo o sector da hostelaría cambadesa. Pero sobre todo, desliguen o seu partido do nome da festa máis importante de Cambados e da comarca.

 

Por segunda vez Fraga avisou de que necesitaba un substituto. E esperemos que esta vez si lle fagan caso.

1