
PROPOSTA DE COALICIÓN GALEGA POR UN PACTO DE
GOBERNABILIDADE NO ESTADO
Introducción:
Coalición Galega preséntase ás presentes Eleccións a Cortes Xerais co convencemento de que o escenario político galego precisa dunha opción como a nosa para que a cidadanía galega poida transmitir as súas demandas actuais: un maior poder de decisión para Galicia en todos os ámbitos e unha etapa de diálogo e distensión na política estatal que poña fin á actual actitude de inmobilismo e autoritarismo do Goberno central do Partido Popular.
Coalición Galega presenta o seu programa político dende a fidelidade á súa condición de partido nacionalista galego, que ten como único obxectivo o garantir o benestar e os dereitos individuais e colectivos dos galegos, sen ningunha dependencia allea ós intereses de Galicia. Así mesmo, tamén cremos fundamental o concurso de todos os sectores sociais e económicos nesta gran tarefa que é construír Galicia e consideramos que este é tamén un dos nosos principios esenciais de acción política.
Coalición Galega estructura o seu programa en base a tres eidos principais: unha política institucional baseada no consenso e no pacto; unha política económica e de infraestructuras orientada ó crecemento económico e á creación de emprego e unha política social orientada a garantir o benestar de toda a poboación.
Política institucional:
Nesta lexislatura que rematou presenciamos un deterioro paulatino da situación política do Estado, creado pola actitude autoritaria, obstinada e prepotente do Goberno central. Situacións como a folga xeral de xuño de 2002, as protestas pola guerra de Iraq e o recrudecemento do conflicto vasco, en particular e coas autonomías en xeral, son exemplos dos resultados dunha política que despreza o diálogo e que considera toda actitude discrepante como un acto de traizón e deslealdade ó Estado. Esta actual posición dista moito da que houbo na lexislatura 1996-2000, onde a presencia decisiva dos partidos nacionalistas nas Cortes Xerais deu lugar a unha etapa de diálogo institucional fluído con fecundos resultados para todos.
Especialmente grave é a situación de bloqueo institucional existente hoxendía. O Partido Popular iniciou a pasada lexislatura baixo a premisa básica de que o modelo autonómico estaba xa pechado e que non cabía a posibilidade de transferir máis competencias ós gobernos autonómicos. Esta premisa foi cumprida dunha maneira tan firme que en algún caso tratouse de solapar competencias autonómicas, como o intento de impedir as pensións complementarias de gobernos autonómicos, ou situacións surrealistas, dende o aspecto legal e normativo, como o feito de presentar un recurso ó proxecto de Lei do chamado “Plan Ibarretxe” cando este nin sequera iniciara o seu debate parlamentario e, polo tanto, aínda non era unha lei anulable.
Coalición Galega propón a curto prazo unha serie de medidas destinadas a restablecer o equilibrio político, e a iniciar unha etapa máis dialogante:
- Buscar vías efectivas de participación de Galicia nos Consellos de Ministros da Unión Europea.
- Axeitar a Lei para que se eliminen todos os impedimentos ás Comunidades Autónomas para poderen correxir as asimetrías territoriais do actual sistema de pensións complementarias.
- Derrogar aqueles artigos do Código Penal que son involucionistas no proceso autonómico, e impiden actuacións dos gobernos autonómicos respectuosos coa constitución.
Sen embargo, a situación de fondo é demasiado complexa como para se resolver simplemente con estas medidas. A Constitución Española, pero sobre todo o seu posterior desenvolvemento lexislativo, provoca unha serie de desequilibrios estructurais que impiden actuar ás Comunidades Autónomas en eidos tan diversos como o xudicial, o lingüístico ou o financeiro, dunha maneira mais amplía que de o contrario poderíase conseguir unha administración mais eficaz. É por esa razón que Coalición Galega quere plantexar para a vindeira lexislatura un proceso de reforma constitucional sosegado, con presencia de todos os grupos parlamentares, que para nós ten os seguintes principios básicos:
- Reforma do Tribunal Constitucional que dea dereito a nomear membros do mesmo por parte dos gobernos e parlamentos autonómicos das nacionalidades, aumentando o número de membros do mesmo, actualmente doce, a vinteún.
- Reforma do Senado en tres vertentes:
o Recoñecemento do dereito de veto limitado para toda a lexislación (orgánica, ordinaria ou de bases) que chegue ó Senado.
o Establecer o dereito de veto para os representantes dos gobernos autonómicos das nacionalidades no caso da lexislación que chegue ó Senado; cada goberno autonómico terá dereito a un determinado número de escanos no Senado proporcional á poboación de cada Comunidade Autónoma.
- Flexibilización dos procesos de reforma constitucional.
Política económica e de infraestructuras:
Política económica
Coalición Galega defende unha política económica na que Galicia e os galegos sexamos os protagonistas, e iso significa un maior poder de decisión naqueles eidos que nos afectan no noso día a día. Queremos aplicar políticas de crecemento económico enfocadas a acadar a plena ocupación cuns empregos de calidade; nese senso, daremos un especial pulo á economía de carácter productivo, as PEMES e os novos emprendedores que queren montar a súa propia empresa.
As políticas económicas do Goberno central, lonxe do triunfalismo oficial, teñen grandes eivas e furados negros: as políticas de vivenda do Goberno central e autonómico, continúan fomentando a suba dos inmobles, xa que desgravan nas compras pero non o fan nos alugueres; por outra parte, tivemos que asistir á suba dos chamados impostos indirectos para equilibrar as contas públicas a costa de penalizar as clases medias e baixas un esforzo fiscal encuberto cada vez maior.
Coalición Galega propón as seguintes medidas en política económica:
- Camiñar cara á plena autonomía fiscal e impositiva de Galicia. Aumentar o tramo autonómico do IRPF ó 70%.
- Aplicar rebaixas xeneralizadas do IRPF, con especial énfase nas rendas menos privilexiadas co obxectivo de estimular o consumo.
- Non apoiar ningunha suba de impostos indirectos.
- Avanzar no recoñecemento de dereitos laborais e sociais dos autónomos.
- Apoiar rebaixas fiscais para aqueles emprendedores que decidan crear o seu propio negocio.
Política de infraestructuras:
Coalición Galega aposta por unha política de infraestructuras que poña a Galicia no século XXI. Consideramos primordiais as conexións do eixo atlántico con Portugal e co cantábrico, así como unha vertebración total das comarcas do interior.
Autoestradas:
-
Supresión das
peaxes na Autoestrada do Atlántico na súa totalidade a medio prazo, e de
maneira inmediata nos seus tramos metropolitanos.
-
Inicio
inmediato das obras na autoestrada transcantábrica en
todos os tramos galegos. Remate das mesmas na lexislatura 2004-2008.
-
Finalización
en 2008 das autoestradas Lugo-Ourense e Lugo-Santiago.
Camiños
de ferro:
-
Creación dunha
empresa pública galega de camiños de ferro, ó estilo de Euskotren
e de Ferrocarrils de la Generalitat;
para o cal reclamamos a transferencia á Xunta de Galicia das seguintes liñas:
Liña
de cercanías FEVE Ferrol-Ortigueira
Liña
rexional FEVE Ferrol-Ribadeo
Liña rexional
RENFE A Coruña-Santiago-Vigo
Liña rexional RENFE A Coruña-Lugo
Monforte
Liña
rexional RENFE A Coruña-Ferrol
Liña
rexional RENFE Vigo-Ourense-Monforte
-
Propostas de
Coalición Galega para o TAV (Tren de Alta Velocidade):
Remate no ano 2008 da conexión de TAV entre Vigo e
a fronteira portuguesa.
Iniciación das obras do TAV Ferrol-Bilbao nos tramos galegos antes do ano 2008.
Portos:
-
Traspaso da
xestión á Xunta de Galicia dos portos comerciais encadrados dentro da empresa
estatal “Puertos
del Estado”.
Aeroportos:
-
Traspaso da
xestión á Xunta de Galicia dos tres aeroportos comerciais de Galicia e creación
dun ente público galego que se encargue da súa xestión e que incida na
complementariedade dos tres aérodromos, para aumentar
a competitividade destes.
Política social:
Coalición
Galega ten unha especial sensibilidade cara ás cuestións de índole social. A
defensa do Estado do benestar é un punto irrenunciable do noso programa
político. É por iso que, fronte ó reduccionismo orzamentario do Goberno e
materia de benestar, educación, sanidade, nós defendemos un aumento do gasto
social que permita garantir a plena cobertura do actual sistema de prestacións,
ensino e sanidade públicas.
Aínda
que somos conscientes de que a maioría de competencias en benestar social están
transferidas ás autonomías, cremos que o Estado pode facer máis do que está a
facer para garantir un mellor tratamento a determinados grupos sociais. Cinco son
os eidos principais cara ós que Coalición Galega quere prestar maior atención:
as familias numerosas, os pensionistas, a sanidade, a terceira idade e a
mocidade. En base a estes pelares, Coalición Galega estructura as seguintes
propostas:
Familias numerosas;
- Gratuidade dos libros escolares para as familias con máis de dous fillos ou con un fillo discapacitado.
- Subvención estatal, compatible coas axudas das autonomías, de 900 euros anuais por fillo menor de 7 anos
- Aumentar as desgravacións fiscais no tramo estatal do IRPF ás familias con máis de dous fillos.
Pensionistas;
- Que o Goberno central que non interfira nas medidas que algunhas Comunidades Autónomas están a levar a cabo con tal de abonar complementos ás pensións non contributivas; consideramos vitais estas políticas para manter o poder adquisitivo dos beneficiarios.
- Aumentar as pensións contributivas un 5% por riba do Salario Mínimo Interprofesional.
- Equiparar as pensións de viuvedade coas pensións de xubilación.
- Aumentar as pensións de orfandade para que, en ningún caso, estas sexan menores ó 70% da base das pensións contributivas.
- Buscar fórmulas para pagar a medio prazo unha cantidade a aquelas amas de casa que teñan traballado no fogar un mínimo de 25 anos.
Sanidade:
- No artigo 43 da Constitución:
-
Recoñecese o dereito á protección da saude.
- Que compete aos
poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a traveso de medidas
preventivas e das prestacións e servicios necesarios. A lei establecerá os
dereitos e deberes de todos ao respecto.
- Os poderes públicos fomentaran a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Asimesmo facilitarán a axeitada utilización do ocio.
SAUDE:
1.- Un dereito:
2.-Orzamentos:
2.1-Máis
medios económicos para:
2.2-Máis
recursos humanos.
2.3-Máis humanidade:
2.4-Menos manipulación
política en :
2.5- O servicio sanitario tén un enfoque excesivamente empresarial en detrimento da calidade.
Hai que primar a calidade por encima de obxectivos de puramente económicos .
2.6-Máis
Investigación
3.-Promoción e prevención da saúde protexéndoa
contra intereses persoais e
colectivos: corporativismos, partidismos e grupos
empresariais.
4.-Recuperación da saúde do paciente, custe o
que custe.
5.- Unha obriga: o bo funcionamento da sanidade require información
axeitada e necesaria que se converta en formación, dirixida os pacientes e
familiares.
Terceira idade:
- Ningunha persoa maior soa, ben en familia, con apoios, ben en Residencias. Pero non "aparcados".
-
Realizar actividades lúdicas.
- Atender segundo
a "demanda social".
Mocidade:
- Deduccións fiscais no IRPF polo aluguer dunha vivenda.Para eso propoñemos os seguintes baremos:
- Rendas inferiores a 9.000 euros, 60% do aluguer
- Rendas entre 9.000 e 15.000 euros, 40% do aluguer
- Rendas entre 15.000 e 20.000 euros, 20% do aluguer
- Compromiso de aumentar ostensiblemente a construcción de vivendas de protección oficial (VPO) destinadas a xóvenes.
- Intensificación dos créditos do ICO para aqueles emprendedores menores de 30 anos que decidan montar o seu negocio.
- O xoven e o mercado laboral:
o Conexión e implicación mutua do binomio Universidade-Empresarios.
o Formación axeitada orientada ás esixencias do mundo empresarial.
o Facilitar que os xóvenes podan traballar na súa terra, Galicia, terra na que se formaron.