
Asociación de Veciños e Cultural "LARES UNIDOS" de Vilarmosteiro
Benvido a Web da nosa Asociación de veciños e cultural.
O Presidente fundador e ahora Secretario desta Asociación tivo a iniciativa de crear esta web para poder ofrecer información das nosas actividades ós asociados e a todas as personas interesadas nas nosas parroquias e nas actividades que levaremos a cabo desde a Asociación .
A nosa Asociación foi fundada no ano 2000 , sendo unha das primeiras en ter CIF no Páramo e exención de IVE , máis non se puxo a andar formalmente ata o ano 2006 cando todos os veciños se reuniron en Asemblea no Campo da Feira .
Os veciños decidiron e así quedou reflexado nos nosos Estatutos que as nosas priopirades de traballo son :
A construcción dun novo cemiterio na zona do Monte Queimado e a restauración posterior do Adro da Igrexa , Organizar a Festa do San Victorio e a comida da Santa Eufemia e Constuir unha futura sede social propia e como Xunta Directiva que somos puxémonos a traballar con entusiasmo nestes fines .
Esperando e desexándoche que a nosa vesita virtual a Vilarmosteiro che sexa grata recibe un cordial saúdo no nome da Nosa Asociación .

A Xunta Directiva
Blog de Lares Unidos