Demanda  dun   cemiterio publico para  O Paramo  con base na Lei Reguladora das Bases de Rexime Local 7/1985 de 2  de Abril  de Obrigado Cumplimento .

 

ANTECEDENTES

 

A situación dos cemiterios no Paramo  e insalubre e ruinosa e inviable na sua maioria  . A partires dos anos sesenta empezouse  masivamente a construir nos adros das igrexas nichos excavados de cemento excavados na  terra feitos de forma caotica e sen control por parte do poder civil .Cando antes se facia en terra e en menor  espacio , a terra aceleraba os procesos bioloxicos de putrefacción ,cousa que os nichos de cemento non fan .

A construccion dos nichos veu a agrabar o problema , enclavados na maioria dos casos no interior de núcleos rurais tradicionais , afectando as augas de bebida , e sendo posible causa de infeccions  nas traidas  de auga .

Un dos casos mais graves e o do Cemiterio de Vilarmosteiro , enclavado nun núcleo rural tradicional , causa continuos malos olores nas epocas de calor , contamina as augas de bebida  , e a mesma construccion de nichos en torno os muros da igrexa romanica esta a debilitar pouco a pouco a acimentacion da igrexa , dun templo romanico  que data de antes do 1229 .

En canto o seu futuro , xa non hai sitio para mais nichos nel , para unha parroquia na que se quere construir un núcleo urbano en torno o Campo da Feira  e que precisa dun adecuado cemiterio para o futuro se se quere que o Campo da Feira sexa a futura capital do Paramo

Pero a parte do de Vilarmosteiro , que e o mais grave debido a que a poboacion medrou e medrou  e seguira medrando demandando a compra de nichos onde xa non queda espacio  , a situación dos demais cemiterios e igual de negativa .

Asi esta Vilasante , enclavado no medio e medio do núcleo de vivendas e cerca do rio que tamen esta sen espacio

O de Saa , ampliado nos anos 70 de forma fragrante  , ou o  de Neira ,   son alguns dos  moitos  que estan nunha  situación ruinosa  e insalubre , en todos eles se xeneran  os problemas aludidos , constantes olores nos meses de calor cando se realiza un enterramento , contaminación de augas  subterráneas ,inviabilidade de futuro , e creando unha sensación de gran abandono , son todos eles  antiesteticos , e pouco agraciados a vista .

 

FUNDAMENTOS DE DEREITO  E RESPONSABILIDADES DO EQUIPO DE GOBERNO

 

 

A ley 7/1985 , de 2 de abril Reguladora das Bases de Rexime Local , base xuridica para o funcionamento desta Administración , recolle no seu artigo 18 como un dereito e deber dos vecinos do Paramo no apartado G de dito artigo 18 o seguinte e cito textualmente

 

Art 18 Son dereitos e deberes dos vecinos

Art 18 Letra G  Esixir  a prestación e no seu caso o establecemento  do correspondete servicio publico ,  no suposto de constituir  unha  competencia municipal propia de carácter  obligatorio

 

 

 

 

 O Artigo 26 da Ley 7/1985  de 2 de abril di  e cito textualmente

 

ART 26

1 Os concellos por si ou asociados deberan prestar , en todo caso os servicios seguintes

A) En todos os Concellos de Espana

Alumeado publico , cemiterio , recollida de residuos , limpeza viaria , abastecimento domiciliario de auga potable , alcantarillado , acceso os núcleos de poboacion , pavimentación das vias publicas e control de alimentos e bebidas .

 

 Para ser mais precisos   os servicios minimos  os que se refire a legra G do Art 18  son os enumerados  no artigo 26 desta Lei ,, cuia cobertura financiera debe de estar prevista nos Presupostos Municipais .

Recordamoslle a esta Comision de Goberno do Concello do Paramo que a prevision do apartado G do Art 18  pode articularse  mediante a impugnación  das partidas presupostarias  que non contemplen  ese debido financiamento  dun futuro e inmediato cemiterio publico municipal , seguindo para  elo o que di o artigo 151 da Lei 39/1988 de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais .

 

Ademais en canto o CAPITULO III no que o Artigo 25 da mesma Lei 7/1985 de 2 de abril acrecenta ainda mais a responsabilidade  do Grupo de Goberno  o referirse as competencias , entre as que situa a Salubridade e Cemiterios   e asi  di e cito textualmente dito artigo .

 

ART 25

1 O Municipio para a xestion dos seus intereses e no ambito das suas competencias , pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servicios publicos contribuan a satisfacer as necesidades e aspiracions  da comunidade vecinal

2 O Municipio exercera en todo caso , competencias nos termos da lexislacion do Estado  e das Comunidades Autonomas ,nas seguintes materias

 

h)Proteccion da Salubridade Publica

j) Cemiterios e Servicios Funerarios .

 

 

Con respecto a este artigo  decir que ademais  das competencias as que alude o artigo 42 da ley 14/1986 de 25 de abril Ley General de Sanidade , que obriga o control sanitario dos cemiterios e servicios funerarios .

 

CONCLUSIONS A VISTA

 

1) A lei obriga a este concello a o control sanitario  dos cemiterios e no seu caso o seu precintamento .

2) A lei obriga a  construccion dun cemiterio ou cemiterios publicos de carácter municipal no concello do Paramo , que disponan de  todas as condicions e  instalacions  que debe ter todo cemiterio moderno de nova planta .Utilizo o plural cemiterios , por se se estimase mellor a construccion de mais de un cemiterio publico debido a  grande extensión territorial  do Concello .

 

3.) O deterioro e insalubridade , sendo antiesteticos  e deteriorando a acementacion  empezando pola  igrexa  de Vilarmosteiro .

4) E evidente a deixadez , ignoracia ou  falta de asuncion de resposabilides  da Comision de Goberno do Concello do Paramo presidio por Don Gumersindo .

5) E o Concello e non os vecinos das ditas Parroquias a quen unica e exclusivamente(a falta dunha concesion administrativa en documento publico )  lle corresponde a  construccion de cemiterios publicos segundo a Lei , disponendo a sua equipa de Goberno do persoal  , medios e financiamento ademais da habilitacion legal necesaria , para solitar subvencios a outras Administracions , realizar o proxecto tecnico de obra , sacar a publica subasta a sua construccion e  financiar a obra integramente con dineiro publico .

 

ESIXIMOS

 

Esiximos por parte da Comision de Goberno do Concello do Paramo

 

1) Que inste os seus  funcionarios de carreira ou no seu caso o Persoal Laboral Temporal para que se pona a traballar de inmediato no estudio  das posibles   subvencios existentes  por parte da Diputación , Xunta ou Estado para a construccion dun cemiterio publico municipal ,cemiterio ou cemiterios publicos municipais .

 

2) Esiximos a debida  cobertura financieira  para tal fin nos  Presupostos Municipais do Proximo exercicio  .(art 151 da Lei 39/1998 de Facendas Locais )

 

3) En todo caso debe iniciarse  a menor tardanza    as negociacions para a sua ubicación xeografica .,e posterior desenrolo do proxecto de obra  que se axuste o D.2263/1974 de 20 de Xullo no referente as instalicions e condicions  sanitarias ,distancia minima  a das vivendas etc .

 

4) A non discriminación en ditos cemiterios segundo a ley 49/1978 de 3 de novembro  por motivos de relixion , raza ,ou outras circunstancias persoais ou sociais  (Artigo 14 Da Constitución Española )

.Debe asimismo  reservarse un determinado numero de nichos para persoas do Paramo  sen recursos  ou falecidos dentro da xurisdiccion municipal  sen reclamar .

 

5) A non construccion do futuro Cemiterio a menos de 800 metros dunha casa ou dun núcleo rural tradicional e asimismo moi aconsellable para non repetir os erros do pasado .

 

6 )Consensuar un futuro cemiterio esteticamente integrado na paisaxe , coa utilización de paneis vexetais  ou  utilización de pedra ou lousa en certos lugares para lograr o menor impacto visual posible .

7) Unha vez realizada a obra solicitar o inmediato precintamento dos Cemiterios de Vilarmosteiro e Vilasante e paulatino precintamento e  clausura  dos demais que non reunan os minimos de salubridade  requeridos .

8 )Estudio das demandas reais  de nichos para a sua construccion , reservandose espacio suficiente para calquera futura ampliación ,disponiendo xa a priori de espacio suficiente para calquera futura continxencia

9 )Prevision dun amplo aparcamento exterior , para evitar atascos de coches ou aglomeracions ..

11.A documentación que o Concello dispon  arredor deste tema , proxectos anteriores non realizados , estudios de viabilidade para a sua ubicación , etc .

12) Armonizacion destas medidas no futuro Planeamento urbanistico do Páramo que vai camiño de aprobarse .

                               Coa esperanza de que dito proxecto tan necesario se leve a cabo damos por termininada esta demanda .

 

                           E  firmamola hoxe no Paramo  a Sabado dia 25 do mes de Outubro do 2003 .

                         

 

 

 

 

 

 

 

1