“O CENTRO DO MUNDO”
(Presentado no Diario El Progreso con motivo do 25 aniversario das Festas de Primavera no ano 2001 )
Os que nos criamos cun avó con memoria temos moito que contar .
O meu era o Domingo , cun avó así podo contar , lembrar e relembrar historias vellas desde o lume das lareiras .El naceu no ano seis , eu no setenta e seis
No meu despertar ó mundo , unha noite de primavera arrolado no colo de meu pai , me sinalou unha luz branca desde a ventana da cociña , na lonxanía entre a espesura dos carballos do campo da feira , aquela luz despertaba a curiosidade dun neno que ven a un mundo novo :son as “Feiras Novas “, me dixo Papá con cariño.
As Feiras da Primavera , elas e mais eu cumprimos as vodas de prata neste mundo .
O xogo xa logo sendo neno entre os tratores de estrea , entre as segadoras con volante , entre aquela maquinaria en exposición sobre unha alfombra verde , nun tempo no que os grilos cantarexan de noite .
As “Feiras Novas “(que así lles demos en chamar) fixéronme crer xa desde neno que o meu sitio era un sitio fermoso , grande ,onde a xente vén desde lonxe para velo , ós ollos dun neno meirande exposición de novidades entre unha carballeira fanlle crer que o seu lugar é o centro do mundo.
Nos días nos que o sol empeza a picar volvo ó recordo daqueles titulares de periodico sobre o marmol da cociña, nos que meu avo saía na portada de “El Progreso” levando de ramal aquela vaca escura á que sen sentido lle chamábamos Roxa , mentres na outra levaba un trofeo .Cos anos os trofeos das vacas foron medrando colocados sobre a cómoda de Francia , que a mercara Papa en París ,cando aló estivera emigrado.,Ultimamente cando nos preguntábamos onde se poñerían máis trofeos( pois na de Francia xa non collían) marcháronse as vacas , e con elas meu avó . Pero Deus sabe que estes trofeos seguirán nesta casa para sempre e que os contos que foron del ahora son meus para dar testimonio de que o noso é un lugar grande , de que o Campo da Feira do Páramo segue a ser o” Centro do Mundo” .
Se eu puidese contar por boca del , falaría daquelas feiras antigas cheas de xente e mercadoías , de cegos tocando o violin e vendendo as súas recitacións , do “ Paseo “ no que meus avós se coñeceron .Contaría cando veu o primeiro vehículo de motor que chegou ó Páramo ó que todos lle chamaban un” Cambrión” , que viñera polos mobles dun cura de San Martiño e do que se dicía que ia tirar á súa volta coas pontes da Vacariza ou da Greimunde e daquela xente que peregrinaba hasta aquí para ver cousa nunca denantes vista , e tocalo como ferro ardendo , con medo e curiosidade .
De cando na República Otero Pedrayo sobre un estrado sostido por cubas de viño , deu un dos seus primeiros discursos diante da Casa do Zapateiro , e ainda lembro unha frase súa criticando ó clero -¡ que dirán , se teñen unha lingua que parecen aceiteiras ¡.
E un pouco máis arriba , diante da Casa de Taboada , dera outro discurso Casares Quiroga. .
Sorpréndase se lles digo que por riba destes carballos pasou o mesmísimo Zeppelin Hindenburg (o Zeppelin nazi ,mais famoso da historia) no ano trienta e seis ,que ardería en chamas ó ano seguinte na cidade de nova Nova Jersey, traxedia só comparable a do Titanic.
É xa mais tarde ó nacer eu , pasado o maio do 68 de Paris e a crise do petroleo do ano 73 nace no Páramo da mao de Jesus Mendez a “ Asociación de Amigos do Campo da Feira “ co principal ánimo de defender unha carballeira que daquelas se via ameazada .
Cando nos anos setenta nace o primeiro movemento ecoloxista no mundo chamado “Greenpeace “,( primeira acción contra os ensaios nucleares estadounidenses en Alaska) , e xa que hoxe o movemento ecoloxista está tan en voga , teríamos que reivindicar con forza para O Páramo ter o mérido de realizar con éxito e sen sabelo a primeira accíon ecolóxica de España .
Reivindicar que os que somos de aquí , cremos con orguio , que por riba dos Campos Eliseos , da torre Eiffel de Paris ou da torre de Pisa , humildes como aquel que naceu nun preseble en Belén , temos por monumento unha simple carballeira ,símbolo de respeto á natura que para nos segue a ser o” Centro do Mundo “ .