DESDE SEOANE A SARRIA
Corgas
largas hai en Seoane
Saltaportelos na Ciguñeira
Penas duras as do Agro
Queimaseves en Rodriz
Pleiteantes os da Cova
Quimaristas os de Pozo
Campaneiros os de Saa
Gardacabras na Costa
Tiracoetes en Escarlán
Fogueteiros en Santaia
e os ladrós están en Sarria
PARAMO SI RELEMBRO
(Arcadio López Casanova 1967 )
Cando abro a fiestra de mañán
e me chega un ar limpo de outono
desde o Páramo , e vexo
a terra aberta en sucos,
como pechar entón os ollos e
volver a aqueles anos nos
que
a xente andaba entre alambradas , co fusil ( a Historia
estudieina , sin
libros moitas veces ), e na casa
os abós i
a mai dician :
“que será do Manuel , tran os xornais ….”
Cantas tristezas hai de todo
esto ?
Como volver a relembrar aqueles tempos
dunha posguerra
i a
paisaxe
igoal co corazón ,erma , sin carros
que baixaran
do monte
o pan
para as airas ,
as campas languidas sen centeo ,
aqueles vraus sin sol , porque
era o pranto soio entre nós ,
decide , como agora que abro
a fiestra e de súpeto está a
terra toda en sucos
medrando
cara a esperanza e men a
bubela co seu canto
de limpo
outono , vou volver…….(Entón
eu era un neno afeito na
tristeza ).
Agora , si , que podo abrir
os ollos sin ver a noite chea de
fusiles
i escoitar que en silencio os
abós choran e chorar eu tamén ,
sin saber
ainda
as historias de guerra , para que vou
renacer
a nenez ametrallada ……
I
é que a mañán de novo éntrame
cando aparez xa
dourada polo outono
a longura do Páramo e
contemplo Santandrea , Piñeiro, San Martiño , Vilarmosteiro
As Gándaras , Reboreda ,
Ardeverde , Trebolle , e boto
a andar por
estas terras de onte , pronunciadas nun silencio de carmen , baixo un sol
amencido para mirar ó futuro.
Arcadio López Casanova
(Arcadio López Casanova e o seu irmao , fixeron sendo rapazes o Míngole Tíngole , un libro sobre as historias que contaba Domingo dos Figos , que vivía na casa do Hospital de Parapar .primeiro libro sobre os contos e tradición popular do lugar .
A CRUZ DA PEDRIGUEIRA
Polo ano vinteun apedrou , e
despois trouxo Don Cesario as
cruces e
puxeronse en Mundin e
outra en Lamacemón .
E daquela non volveu a apedrar .
Fora
unha mala época de colleitas .Hoxe pódense ver cruces en Saa , no cimo do
monte da Greimunde , na subida ó Castelo desde Paredes , e polo visto , todas
datan daquela mala etapa de colleitas que cambiou ó ser postas estas .