Estas "coplas" están feitas para que calqueira poda imprimílas e repartílas no ENTROIDO,(que non é outra cousa que a vida mesma), podendo ser tamén unha "fonte de financiación" para as Plataformas Locais de NUNCA MAIS.

CRÓNICAS PIRATAS

Estas coplas polo mundo
facede polas repartir,
non as quededes nas mans
pois hai que facelas vivir.
“A nosa vaca ten o pesebre em Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.” (A.R. Castelao, Sempre en Galiza)

ENTRAR

¡Ánimo!, que esta película tan só a botan unha vez, estamos en "función única" e nós somos os actores principáis.

O precio medio das fotocopias son de 0,05 euros por folio a dúas caras. Polo tanto, con 10 euros, pódense facer aproximadamente 400 medios folios pola dúas caras, pois moitas de elas están concebidas para que ao fotocopiálas polas dúas caras e logo cortálas, salgan estas cantidades. Si fosen folios enteiros, con 10 euros poderíanse facer 200 copias a dúas caras. O precio aproximado de a Versión completa en forma de LIBRETO é de 0,25 euros = 42 pts aproximadamente. Con 25 euros pódense facer 100 copias.

E por eso que pedimos que vos animedes a colaborar, individual ou colectiuvamente, da maneira máis divertida posible, en contra de esa arma de DESTRUCCIÓN MASIVA que é a MENTIRA, e as repartádes gratuitamente, ou tamén estaría ben utilizálas para "vendélas e financiar" as Plataformas locáis.

Constan de 9 apartados, así que vale a pena pararse a leélas e logo escoller as que creades máis convinte. Seguro que máis de un agradecerá o refrescar a cabeza con coplas, e algún que outro ata e posible que se poña a cantálas e facer a chirigota.

. . A plataforma 'Nunca Máis' distribuéu máis de 5.000 caretas de políticos entre os composteláns e 5.000 libros de 'coplillas' compostas para a ocasión,chamadas Crónicas Piratas.

 

Pulsa no logo, e verás moitas cousas

.
Homenaxe a MAN