| Tim Burton | |
|
Tim Burton e un dos meus directores de cine preferidos. Puxenme a escribir porque agora mesmo acabo de ver unha das súas peliculas e pareceume unha boa idea escribir algo sobre el. Non e dificil recoñecelas súas peliculas. Case todas elas teñen un cementerio nunha colina chea de nevoa, un vello muiño de vento maldito e un sin fin de persoaxes monstruosos. Dende logo non se pode decir que sexan peliculas de terror porque o que se di medo non soen dar, pero eso si, Tim Burton sempre é capaz de xerar unha atmósfera de misterio. Sempre consegue dar un certo matiz máxico a cada unha das súas historias que parecen sacadas dun soño infantil. Quizais por eso me gusten tanto as súas películas. Aqui vos deixo algunhas das súas peliculas que por suposto vos recomendo ver.
|
|
|
Pesadilla antes de navidad Jack Skellington é o diabolico señor de Halloween que tras conocelo nadal quédase prendado del. Decide facela súa propia versión do nadal, secuestrando e sustituindo a Papá Noel e convertindo esta festividade nalgo macabro e terrorifico. |
|
|
Big Fish é a historia dun fillo que emprende unha viaxe na que descobre que todos aqueles relatos fantásticos que o seu moribundo pai lle contaba, resultan ser certos. |
|
|
Frakenweenie Película homenaxe ó clásico Frankenstein. O can da feliz familia Frankenstein é atropelado por un coche e o fillo
pequeno da familia decide traelo de novo a vida
por todos os medios posibles.
|
|
|
Beetlejuice Un tolo fantasma chamado Beetlejuice vive no "Non-Mundo", unha recreación do mundo real segundo os mortos. |
|
|
Sleepy Hollow Unha serie de sanguentos asesinatos por decapitación
atormentan ó tranquilo pobo de Sleepy Hollow.
|
|
|
Eduardo Manos-Tijeras Eduardo é a creación dun inventor que dedicou parte da súa vida a crear unha criatura perfecta. A súa obra quedou incompleta e abandonada nunha escura mansión tachado como un mounstro polos habitantes do pobo no que vivia. |
|
|
Mars Attacks O planeta Terra é visitado por uns extraterrestres chegados de Marte que pese a inicialmente vir en son de paz, pronto comezaran o seu ataque para invadila Terra. Cando a humanidade parecía condenada ante a inutilidade do seu armamento, a mellor arma resultou ser unha canción que os marcianos eran incapaces de soportar. |
|
|
Vincent é a primeira curtometraxe de Tim Burton que apenas dura 6 minutos. Un neno de 7 anos tranquilo e obediente soña con chegar a ser como o seu idolo, Vincent Price, un dos actores de terror mas admirados da historia. |
|
| Mais información na web de Tim Burton | |