O espírito do Rock n Roll
 

 

 

Este Sabado pola noite no pub Gatos de Melide, un dos templos do rock n roll en Galiza, tivo lugar un concerto que de verdade me chegou a emocionar.
Comenzando polo inclasificable cantautor vigués Leo i Arremecaghona que nos deleitou co seu pulcro e finísimo estilo de entonar serenatas de ajro-rock 100% made in galiza.
Teño que admitir que o tipo é un showman onde os haxa.
Despois tomaron os aparellos os montañeses ITH que nos fixeron vibrar cunha tremenda jam sesion de auténtico Rock n Roll.


ITH, composto entre outros polo lutier de Boimorto, Toxo, demostrou que o bon rock n roll non está morto.
Estes tipos saidos de poboacións do rural como son Boimorto, Xanceda ou Frades armaron un tremendo concerto que polo menos a min encheume de emoción.
Sen apenas planificar os temas que ian a tocar, dedicaronse a interpretar en cada momento o que mais lles apetecía sen deixar nunca de soar ben. Invitando a calquera que o desexase a subir o escenario e contribuir ó concerto. Foron moitos os que quixeron unirse.

 

Desa noite sairon versión galeguizadas, ou debería decir, melidensizadas (se é así como se di) de temas míticos do rock n roll. Persoalmente quédome ca version de "Highway to Hell" de AC/DC que titularon "Autovía por millí", saida como non do polifacetico riki de melide, que se non fose por el, nada desto oubese sido o mesmo.


En fin, pouco vos podo contar de como foi esa noite, pero a min fixome pensar. O rock n roll non é a merda que nos queren vender. Un garito de rock non e ún local con alfombras de terciopelo, discos de platino enmarcados nas paredes e retratos de Elvis de ouro. Un garito de rock n roll é un bareto de birras no que calquera pode vir a facer todo o ruido que lle dea a gana, eso si, ruido que contaxie na xente unha sensación de libertade e rebelión. Eso é o rock n roll, e os concertos en estadios, as entradas por 40 euros e os seguratas diante do escenario, eso que vaia quen queira pero o espirito do rock n roll seguirá estando en baretos como o Gatos e en grupos como ITH.

1