Os trucos e a maxia
 

Non son o mesmo os "trucos" que a maxia. Os trucos podenche servir para ligar ou para botarte unha risas cos amigos. A xente quedarase abraiada coa tua habilidade e de como fuches capaz de enganar.

Os trucos son sorprendentes pero son so iso, trucos. Quedarías como unha persoa moi hábil coas mans pero nada mais.

A maxia pola contra é mais que eso. Ainda que todo o mundo saiba que detrás de todo xogo de maxia hai unha explicación lóxica, o que se debe pretender é que o que ti fas sexa algo sobrenatural.

Tes que pulir cada detalle da túa presentación. Debes contar unha historia e facer con limpeza e estilo cada movemento e os xestos hacia o espectador deben crear un vínculo especial con el.

Preténdese crear un ambiente de misterio, un ambiente máxico que fará que un simple truco pase a ser algo mais, unha experiencia inolvidable.

A maxia é arte, como a poesía ou como a música, e como arte que é busca producir unha emoción.

Chegar a facer maxia leva mais tempo que aprender truquiños. Require dedicación e pasión polo que fas.
Eu espero algún dia poder facer maxia e deixar os trucos a un lado.

 

1