O ano 1997 comecei a facer reproducións a escala 1:7,5 de ferramentas e utensilios dos que tradiciónalmente se usaron no mundo rural, tanto nas casas como nas faenas do campo e ofícios tradicionais.
Fago-o sen nengunha pretensión , simplesmente polo pracer de ofacer , sen présas, para pasar bons poucos nunha actividade que me dá pequenas satisfacións dentro do meu tempo libre. Isto fai que non me conforme en reproducir o golpe de vista ou apariencia superficial dos objectos, se non que tento profundar nos detalles: os materiais, o funcionamento, as sensazóns de uso, etc.
A pesar de que moitos dos objectos reproducidos son comuns en todas partes, até agora sempre apañei a información da miña aldea: Vilafranca, na bisbarra dels Ports de Morella (País Valencià).
De momento teño feitas unhas 120 pezas. Copio ferramentas que boa parte delas deixaron de se usar e poden resultar descoñecidas para os mais xovens.
O traballo para facer unha peza comeza coa procura de información da mesma: medidas, fotos, debuxos a man, comentários da xente, etc. Entón ven parte-a mais entretida e gratificante, a ejecución no pequeno taller da miña casa en Móra d'Ebre (Tarragona), lugar onde vivo actualmente. Me gustaria moito contactar con persoas que fagan tamén o que poderíamos dicer "modelismo etnográfico".