ASEMBLEA DO CAMPUS DE VIGO
A Coordinadora Intercentros do Campus de Vigo,
constituída e reunida con carácter de urxencia, acordou manifestar
publicamente o seguinte:
1.- Facer un chamamento urxente á toda a
comunidade universitaria para que acudan ás asembleas convocadas nos diversos
centros o luns pola mañá.
2.- Aumentar o número de voluntarios para
traballar nos días de semana nas zonas afectadas. (A día de hoxe, sábado 7,
son numerosísimos os universitarios vigueses traballando en Silleiro, Cíes e
Ons, pero pola semana seremos máis necesarios).
3.- Facer un chamamento á comunidade
universitaria e á cidadanía en xeral para acudirmos á manifestación
convocada para o martes día 10, ás 20:00, con saída na Praza de España.
4.- Convocar tamén a toda a comunidade e á
cidadanía á realización dunha barreira marítima humana, o mércores día
11 arredor da Casa de Aríns, onde o aínda presidente da Xunta intervirá (ou
non) na clausura dunha conferencia. Con esta barreira humana pretendemos simbólicamente
que a toxicidade non invada a nosa cidade. A concentración é na Praza da
Princesa ás 10:30 da mañá.
5.- Facer un chamamento ás empresas de transporte
(privadas e públicas) para que colaboren no traslado de voluntarios da
Universidade de Vigo ás zonas afectadas. Do mesmo xeito facemos un chamamento
ás empresas de materiais necesarios para que contribúan xenerosamente a
equipar os voluntarios.
Estamos orgullosos da resposta solidaria da nosa
comunidade universitaria e agardamos un pronunciamento público do noso
Rectorado. Estamos máis orgullosos aínda dos nosos mariñeiros. Resistimos.
Re-existimos.
Asdo: Anxo Lorenzo, X. Henrique Costas, X.Carlos
Álvarez Villamarín.
Muchas gracias al Instituto Politecnico
de Vigo.