“el Rey pide que se acabe con las tofos demagógicas” durante a súa visita a Laxe e Muxía

(La Voz de Galicia, martes, 26/XI/02)

 

CARTA A SÚA MAXESTADE EL-REI

 

 

Maxestade:

 

Supoño que sabedes algo da Historia do vello Reino que acabades de visitar, das súas ditas e desgracias, das súas xentes. Quero pensar que ademais de vir a esta Tera  botar fragatas, presidir Ofrendas ó Apóstolo e regatear, algo aprenderiades deste país xeneroso.

Por iso, crítico coa institución que representades pero respectuoso, pois o cortés no quita o valentee eu son cabaleiro de Betanzos, quero pensar que viñestes a Muxía de boa gana e por petición propia, non porque vos mandase o Presidente Aznar para prepararlle o camiño de cara á súa visita, se é que chega. Quero crer que realmente vos impactou a desgracia e desesperación da nosa xente, que espero saibades afeta a todo o noso país pola desidia e neglixencia dos vosos Ministros. Espero que saibades que gracias ó voso Goberno, os nosos mariñeiros, que antes non terían cartos pero sempre tiñan comida na mesa, xa non teñen que comer, de aí a súa desesperación e o arroxo co que se fixeron ó mar a pescar chapapote. E quero crer, realmente espero, que viráde-la contestación popular que se alzou contra esta catástrofe e os seus neglixentes xestores na Compostela do Apóstolo.

Dende estas premisas, pois, recoméndovos reestructura-lo voso Gabinete asesor, pois, na miñla humilde opinión, deberiades destituír ó home que vos escribe os descursos.

Porque, Maxestade, demagoxia non é unha foto dun alcatraz morto polo chapapote, nin a dunha praia antes paradisíaca agora enloitada de fuel. Demagoxia é, meu señor, negar o evidente. Demagoxia é censura-la información de tal xeito que hai que importala do país veciño, o noso irmán Portugla. Demagoxia é dicir  “aquí no pasa nada” mentras o paía afunde. Demagoxia é chamar “verquido” a unha Marea Negra que asola TODA a costa galega. Demagoxia é dicir que non pasa nada, que Deus e Santiago o van amañar todo e cruzarte de brazos. Demagoxia é dicir que os danos do “verquido” afectan a pouca xente e non son graves. Demagoxia é dicir, dous días despois, que estamoa ante a maior catástrofe da Historia, cando antes o negabas. Demagoxia é botarlle a culpa a Gibraltar, aínda que sexa un niño de piratas. Demagoxia  é, en definitiva, mirar para outro lado e esquecer á xente que necesita axuda neste momento tan tráxico da Historia de Galicia.

Maxestade, ese home que vos fai os descursos xa vos fixo quedar mal ante a opinión pública en máis ocasións, como cando vos fixo dicir que o castelán nunca fora imposto como lingua oficial.

Por iso, apelando ó voso orgullo persoal e á vosa dignidade, rtecoméndovos humildemente que busquedes a outro homa con maiores coñecementos en Historia e semántica para que vos redacte os descursos.

Atentamente

H.R.

 

P.D.:  Viva a Galiza ceibe na III República (federal).

 

Otro correo mas, es que no paro, tengo la cosa a tope, gracias a nuestro amigo que el mismo ya firma

1