Chamamento

 

O desastre ecolóxico que castigou e segue castigando as costas de Galicia, e de cuxas consecuencias aínda non podemos facernos unha idea exacta, débese en boa parte á irresponsabilidade con que actuaron tanto o goberno central como a Xunta de Galicia.

Sen ánimo de facer demagoxia é de tod@s coñecido o que veu acontecendo: mentiras, ocultación de información, carencia de medios e censura informativa, chegando ata o extremo de en pleno combate contra a maré negra os responsábeis por coordinar as accións se ausentaron dos seus despachos oficiais para se dedicar a actividades cinexéticas e electorais. É por iso polo que vos facemos un chamamento para exercer a través da rede unha protesta masiva que demostre aos responsábeis políticos a condena que nos merece súa actitude. Vos convocamos para que os días 12 e 13 de decembro dirixades aos seguintes enderezos  presiden@xunta.esjmaznar@presidencia.gob.es unha mensaxe con unha única palabra: MENTIREIROS.

Rogamos-vos que estendades esta mensaxe pola rede a tódalas persoas e institucións que coñezades e sexan sensíbeis ante o que está a ocorrer en Galicia, para que a protesta sexa de verdade masiva.



Carlos Sixirei Paredes

Universidade de Vigo

Muchas gracias una vez mas viguito

1