COMUNICADO DA ASEMBLEA PERMANENTE DE FILOLOXÍA E TRADUCCIÓN

A Asemblea Permanente da Facultade de Filoloxía e Traducción de Vigo, reunida con urxencia ante os catastróficos acontecementos que teñen lugar na nosa ría, acordou o seguinte:


1.- Paralización inmediata das clases e incorporación urxente do alumnado, do profesorado e do PAS ós labores de limpeza do fuel. A Asemblea manda un primeiro grupo de 200 voluntarios/as que pon a disposición do Concello de Vigo.


2.- Creación dunha oficina de comunicación e información multilingüe con recollida e traducción galego/español/inglés/francés/portugués/alemán de todo tipo de datos, así como artigos recollidos nos diversos medios de comunicación, institutos científicos, etc. Tamén se ofrecerá un servicio de interpretación nas devanditas combinacións ás persoas ou insitucións que o requira. Esta oficina funcionará permanentemente as 24 h. do día na Facultade de Filoloxía e Traducción.


3.- Chamamento e asistencia á Asemblea Xeral de Campus mañá xoves ás 12 en Económicas.


4.- Esixencia da inmediata demisión en pleno dos gobernos galego e español.


5.- Solicitude ó Rector da paralización de toda actividade docente e da incorporación de toda a comunidade universitaria ós labores de contención do desastre.




Asdo: Silvie Mascuñán, Xoán Garrido, X.Henrique Costas, Anxo Lorenzo, pola Asemblea de FFT.








Viguito sigue enviandome cosas, eres un fenomeno, gracias.

1