DECLARACION DOS GRUPOS GALEGOS
OS AMBIENTALISTAS GALEGOS UNEN ESFORZOS PARA EVITAR OUTRO PRESTIGE
As principais organizacións ambientalistas galegas promoverán accións
conxuntas para se enfrentaren á marea negra do Prestige e para emandaren
medidas que preveñan novos accidentes como o do Prestige. O venres 29
celebraron unha rolda de prensa en Santiago para presentaren o manifesto
común "Nunca máis". Os ecoloxistas galegos sumáronse á Plataforma
"Nunca
máis" e participarán nas súas mobilizacións.
As organizacións ecoloxistas galegas pode semellar para parte da sociedade
galega que están "desaparecidas", a pesar do intenso labor que están
a
desenvolver, na medida das súas posibilidades, en relación co Prestige,
tanto no plano político como no de voluntariado (recollida de aves
petroleadas e limpeza de praias en condicións adecuadas) e no de información
e educación. Iso é debido ao "bloqueo mediático" e ao menosprezo
por parte
das Administracións.
Pablo Meira, profesor da Facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago
e presidente da Sociedade Galega de Educacación Ambiental (SGAE) sinala que
"A Administración non está a contar connosco na mesma medida en que o está
a
facer con organizacións internacionais, cuxa presenza agradecemos neste
momento de crise, porque sabe que estivemos, estamos e estaremos aquí unha
vez que os ecos da catástrofe dasaparezan dos medios".
Alfredo López, presidente da Coordenadora para o Estudio dos Mamíferos
Mariños (CEMMA) laiouse da escaseza de actuacións institucionais para a
conservación da biodiversidade mariña. Un maior nivel de protección das
nosas áreas mariñas e costeiras de maior valor ecolóxico podería ter
favorecido un maior control do tráfico marítimo. Alfredo López alertou
sobre os efectos a longo prazo do petróleo como consecuencia da súa
acumulación nos animais mariños a través das cadeas alimentarias e da
importancia dos vertidos habituais de cru producidos ao lavar os tanques dos
petroleiros no mar. Lembrou que a CEMMA denunciou aínda en xuño pasado a
contaminación de praias de Fisterra como consecuencia dun máis destes
vertido continuados fronte á costs galega..
Xosé Luís Baleato, coordenador xeral da Federación Ecoloxista Galega (FEG),
suliñou a ausencia de planificación e de recursos para previr e combater as
mareas negras en Galicia. Por exemplo, non temos barcos e barreiras
adaptadas ás condicións habituais do noso mar, onde son frecuentes as ondas
de máis de 2 metros. Laiouse de que as Directivas europeas para a mellora da
seguridade marítima que entrarán en vigor proximamente reciban o nome de
"Erika 1" e "Erika 2" e non "Mar Exeo", "o
que é indicador do caso que fan a
este extremo de Europa". O portavoz da FEG apuntou que para reducir todo o
posíbel o risco de mareas negras "tamén é necesario tratar de non
dependermos tanto do petróleo".
Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN),
apuntou que "A actuación dos Gobernos galego e central, como vén sendo
habitual, estase a caracterizar por un escurantismo total e pola falta de
coordenación e de planificación". Os fondos europeos empregáronse ao
longo
destes anos, en grande medida, en actuacións pouco prioritarias ou
superfluas, "como paseos marítimos agora cobertos polo fuel, en lugar de
investilos axeitadamente, por exemplo, na defensa do patrimonio natural
galego, que é tamén un patrimonio de todos os europeos". Na área
afectada
pola marea negra até hoxe hai varios espacios propostos para formar parte da
Rede Natura 2000, a futura rede de espacios naturais protexidos da Unión
Europea.
Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Facultade de
Ciencias da Universidade da Coruña e presidente da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA), citou as medidas demandadas polos ecoloxistas
galegos para evitar novos casos Prestige: "declaración das costas galegas
como Zona Marítima especialmente sensíbel", "maior control do tráfico
de
mercadorías perigosas", "elaboración dun plano de emerxencia para
facer
fronte ás mareas negras" e unha regulación non só europea senón tamén
internacional que preveña as mareas negras (non se trata de trasladar os
buques perigosos ás augas de países do chamado Terceiro Mundo).
ADEGA, CEMMA, FEG, SGEA e SGHN esixen "a demisión das autoridades galegas
e
españolas responsábeis da xestión desastrosa do Prestige e da ausencia de
medidas de prevención", en especial de Manuel Fraga, Carlos del Álamo,
Francisco Álvarez-Cascos e Jaume Matas".
As cinco organizacións ambientalistas galegas editaron conxuntamente 50.000
exemplares do manifesto "Nunca máis" e un cartel cun debuxo de Xaquín
Marín.
viguito, muchas gracias una vez mas.