ESTO SE PUBLICO EN EL DIARIO FRANCES LE FIGARO.
MARÉ NEGRA As costas atlánticas poden estar ameazadas polo fuel que se
escapa dos pécios do “Prestige”, prefiren preparar-se para o peor e
mobilizan as suas forzas
Franza prepara-se para a maré negra
[06 décembre 2002]
[...]
“Sabemos que imos facer fronte a unha contaminación pero, polo momento,
somos incapaces de predicer se se tratará dun fenómeno maior ou de algo
menos espectacular que a maré negra do Erika”, explicaron os
conselleiros do ministro.
“ As placas avanzan moi rápido, a uns 30 km diários, xa que os ventos
predominan sobre a corrente”, explica Sylvain Le Berre, portavoz da
prefectura marítima de Brest. “Atoparon-se irisacións a 200 km das
costas francesas. Esta presenza demostra ou a presenza dunha pequena
película de contaminación feble ou a existéncia de capas entre augas a
1 ou 2 metros, o que seria máis preocupante”.
Sexa como sexa, Franza prepara-se moi seriamente perante a chegada das
capas anunciadas. O dispositivo de vixiláncia aérea está ben rodado: os
dous avións de aduanas, Polmar I e Polmar II, que se concentran sobre a
contaminación existente, efectuan 4 vos diários. O Falcon 50 da Mariña
nacional traballa máis cara ao norte para detectar posíbeis
contaminacións.
No mar, no marco do plan Polmar posto en marcha o martes, dous
arrastreiros civís, o Aquitaine e o Lafitte, partiron de San Xoan de
Luz con cinco homes a bordo cada un para achegar-se á zona para probar
as redes anticontaminación Seynelip. Trata-se de redes recuperadoras
coas mallas moi pechadas, equipadas cun cope refugable. Os arrastreiros
pratican sempre en parellas a “pesca de bou”, tiran as redes detrás
deles para recuperar as placas. Unha vez dragados os produtos
contaminantes, desatan os copes que son logo almacenados nun barco da
Mariña nacional, o Elan. Agardaba-se que este chegase onte a Brest,
antes de ir aos lugares contaminados.
“Os arrastreiros son barcos de pesca voluntários, requisados para
operacións anticontaminación, explica Henri Pivert, presidente do
comité de pesca de Bayonne. “En outubro, entrenaron-se nas técnicas de
recuperación de fuel. Agora van facer probas nunha situación real.
Outros catro arrastreiros, mentres agardan polos equipamentos, están
listos para preparar-se”. Estes voluntários receben unha indenización
sobre a que Henri Pivert se mostra moi discreto: “Formulamos unha
pregunta pero ainda non recibimos resposta”.
Os especialistas preven operacións delicadas debido ao axitamento da
mar. “Se non está bo tempo – e rara vez está bo tempo no golfo de
Biscaia nesta época – os arrastreiros non poderán traballar
eficazmente, comenta Jean Bulot, antigo comandante do Abeille Flandre.
Se o mar está moi axitado, o fuel pasa por riba. Será difícil impedir
que as pequenas placas diseminadas cheguen ás nosas costas. Se ese é o
caso, seria mellor que cheguen ás costas de Aquitánia, moi areosas, e
non ao País Basco onde atopamos principalmente rocas, de acceso máis
difícil”.
Tamén en terra as autoridades se activan. A rexión de Aquitánia prepara
a posta en marcha do plan Polmar-Terre. O exército, os bombeiros, os
servizos sanitários e marítimos están implicados. Os prefectos do Sul-
Oeste reuniron-se cos representantes políticos locais do litoral, onte,
para informar-lles das suas competéncias e axudar-lles a facer frente
ao fluxo de voluntários. Deron-se-lles consellos para non cometer os
mesmos erros de limpeza que durante a marea negra do Erika.
O ministério de ecoloxia pediu-lles aos prefectos que realicen un
informe da situación da fauna e da flora costeiras para poder valorar a
diferéncia entre antes e despois da marea negra. Os servizos estatais e
as asociacións de defensa da natureza recolleron sobre todo mostras de
auga e de plantas. O ministério organiza tamén o envio de persoal que
interviu nas praias afectadas polo Erika. Desde agora mesmo están
estudando-se lugares de almacenamento do fuel pesado, dous deles en
Pirineos-Atlánticos.
Gracias por tu mail viguito. Sigue asi