A
Asemblea de estudiantes do Instituto Politécnico de Vigo na reunión celebrada
o día 5 de decembro de 2002 :
Recabar información dos efectos que o verquido produce na saúde tendo
en conta a continua desinformación das autoridades que teñen competencia para
facelo.
A solicitude da creación dun grupo técnico de coordinación do
voluntariado que se faga a cargo da dirección efectiva das tarefas de limpeza,
descontaminación e información veraz á cidadanía.
Sumarse á manifestación convocada pola asemblea de estudiantes,
profesores e P.A.S da Universidade de Vigo que se celebrará o martes 10 ás 20
horas con saída da praza de España da mesma cidade.
Ante a incompetencia, descoordinación, ineficacia e abandono das súas
funcións de goberno, esiximos a dimisión do Goberno Autonómico, Fraga
Iribarme, e do goberno de Estado encabezado por José Mª Aznar.
Manifestamos o agradecemento ás autoridades portuguesas pola información
facilitada acerca da evolución da marea negra e tamén aos voluntarios que
participan nas tarefas de limpeza.
Promover a coordinación cos outros institutos para a mobilización e a
organización das tarefas necesarias.
Vigo
a 5 de decembro de 2002.
I.E.S.
Nº 1 Politécnico de Vigo.
Muchas gracias al instituto politecnico de Vigo por su correo.