Prensa francesa

 

esto fue publicado tambien en francia por la futura presencia de manchas de fuel procednetes del prestige, fue escrito y publicado en el diario frances le monde.
LEMONDE.FR | 06.12.02 | 08h40
• ACTUALIZADO O 06.12.02 | 11h12

[...]
FRANCIA MOBILIZA-SE
En Francia, o ministério de ecoloxia prepara-se para unha primeira vaga de fuel do Prestige no litoral atlántico francés nun prazo de 4 a 5 dias mínimo, declarou o xoves un membro do contorno de Roselyne Bachelot. “A chegada do fuel ás costas francesas en 4 ou 5 dias non é unha hipótese absurda, é unha posibilidade real”, precisou a Reuters a mesma fonte. “Preparamo-nos para o peor, mesmo se sabemos que o que hai no golfo de Biscaia actualmente, uns centos de toneladas de fuel aproximadamente, non son as 15.000 toneladas do Erika, engadia. Será a primeira vaga”.
Perante esta posibilidade, a ministra de ecoloxia anunciou o xoves o desbloqueo dunha primeira partida de 4 millóns de euros destinada a fornecer os fundos Polmar e acelerar inmediatamente o plan Polmar-Mer1. O governo non exclue engadir 15 millóns de euros se fose preciso, indicou-se. Roselyne Bachelot irá o domingo á costa basca, principalmente ao departamento dos Pirineos-Atlánticos que corre o risco, segundo os servizos de ser o primeiro afectado.
Na prefectura marítima2 de Brest confirma-se que “a situación evoluciona”, pero xa está máis tranquila. “A ameaza é real pero non é imediata”, estimou o alférez de navio Yann Bizien, para quen é difícil facer un prognóstico da situación máis aló de 3 dias. As últimas observacións, realizadas o mércores pola noite no marco do plan Polmar, permitiron localizar a 200 km do litoral francés, no golfo de Biscaia, máis de 200 “manchas” de fuel cun diámetro de entre 3 e 30 metros. Detectou-se tamén unha mancha de 50 metros de diámetro. “Estas manchas teñen unha deriva média diária duns 30 km”, dixo Yann Bizien, precisando de todos xeitos que a situación evolucionará en función das correntes e do vento.
O xoves, dous arrastreiros franceses foron recoller fuel para analisá-lo. Outros oito poderian vir reforzá-los rapidamente para tratar as manchas de fuel en alta mar. “As prefecturas e o ministério de ecoloxia están moi mobilizados”, asegurou-se no contorno de Roselyne Bachelot. No terreo, as prefecturas recibiron ordes para que os funcionários elaboren un “estado da situación” da fauna, da flora, da calidade da auga, para prever indenizacións en caso de contaminación. As equipas de limpeza preparan-se tamén para intervir rapidamente. “Estamos en situación de pensar que pode pasar algo. A amplitude é difícil de medir. A ministra non quere correr o risco de non estarmos preparados para a situación máis desfavorábel, explicaron no contorno de Roselyne Bachelot. Non vamos volver facer co Prestige as mesmas estupideces que co Erika”.
Con AFP e Reuters

Viguito, un 10 para ti.


1