Os mariñeiros apañando chapapote coas propias mans na ría de Arousa. As ondas do mar de Vigo poñendo letal cerco ó verxel das Cíes. Luto nos cons do Roncudo. Merda no areal de Doniños. Un ministro ausente, demagogo e inútil. Un país condenado á miseria. Iremos a San Andrés todos de mortos. Un Presidente de cacería fóra do país. A negra sombra cobre toda a Beira Atlántica. Paliza ós mariñeiros diante do seu Parlamento. Descoordinación total na erradicación da marea negra. Falta de axuda e dirección oficial. Censura. Ruína total para a xente do mar. Outro Presidente, máis importante, negando o obvio. Catástrofe ecolóxica sen precedentes. Galicia ó carallo.

 

Se é esto o que desexas para o teu país, se é esto o que queras para Galicia, vota PP nas próximas eleccións.

Pola contra, se realmente queres esta Terra, se te emocionas cun solpor no mar e o son da saudade nas ondas CASTIGA ós que provocaron esto. CASTIGA á gaivota que petroleou Galicia.

 

 

 

 

ESTÁ NAS TÚAS MANS

 

 


 

 Grcias otra vez Enrique.

 

1