Actividade previa á práctica da actividade física. Quentar o corpo para que esté máis disposto
para o traballo posterior.
Razóns para realizalo
- Predispón para o traballo física e psíquicamente.
- Aumenta o rendemento (o rendemento é máximo dende o principio).
- Prepara os pulmóns e o corazón para a actividade posterior.
- Evita lesións.
- Mellora a recuperación.
Tipos de quentamento
O tipo de quentamento dependerá do tipo de actividade a realizar:
Quentamento xeral válido para calquera actividade.
Quentamento específico preparatorio exclusivamente para a actividade a realizar despois.
Como realizalo
Duración: a duración pode ir dende 10 minutos a 30 cando a actividade non é de competición. Os
deportistas de élite poden facelo de 1 hora cando se trata dunha competición.
Orde a seguir: o quentamento irá de xeral a específico, é dicir, de exercicios que preparan ó
corpo para calquera actividade, ata exercicios que preparan os músculos e articulacións que máis
imos utilizar na actividade para a que nos preparamos.
Tipos de exercicios: débese comezar con exercicios globais (movemento de todo o corpo, como pode
ser o correr), seguiremos con movilidade articular (movementos das articulacións para poñelas en
funcionamento) e remataremos con estiramentos, (elongación dos músculos).
A resistencia
Concepto de resistencia
Definirémo-la resistencia como "a capacidade física e psíquica de soporta-la fatiga en esforzos
relativamente prolongados ou intensos e/ou a capacidade de recuperación rápida despois dos
esforzos".
Tipos de resistencia
En función das vías enerxéticas que se utilicen para o traballo muscular, podemos distinguir
dúas clases de resistencia: aeróbica e anaeróbica.
-Resistencia aeróbica.
É a capacidade que nos permite soportar esforzos de longa duración e de baixa ou media
intensidade con suficiente aporte de osíxeno. A vía aeróbica é a fonte enerxética máis
importante do organismo e, ademáis, non se producen resíduos tóxicos como o ácido láctico que
favorecen a aparición da fatiga.
-Resistencia anaeróbica.
É a capacidade que nos permite realizar durante o maior tempo posible esforzos moi intensos sen
aporte suficiente de osíxeno. Según sexa o predominio da fonte enerxética utilizada, podemos
diferenciar dous tipos:
Resistencia anaeróbica aláctica: é aquela na que se utilizan as reservas de ATP que
existen no músculo, non producíndose por tanto residuos de ácido láctico (esforzos explosivos
de intensidade máxima e velocidade inferior a 15``).
Resistencia anaeróbica láctica: utilízase a degradación do glucóxeno en ausencia de
osíxeno producíndose ácido láctico (esforzos entre 25``-2`30``).
A forza
Concepto de forza
A forza é a tensión que pode desenrolar un músculo contra unha resistencia.
Tipos de forza
-Forza estática: aquela na que exercemos tesión contra unha resistencia sen que exista
desplazamento.
-Forza dinámica: aquela na que ó desplazar ou vence-la resistencia o músculo sofre
desplazamento. Esta forza, á vez, pode ser:
Forza máxima: a capacidade de movilizar unha carga máxima, sen ter en conta o tempo
empleado (halterofilia, levantamento de pedras, etc.).
Forza resistencia: a capacidade de aplicar unha forza non máxima durante un espacio
de tempo prolongado (remo, escalada, etc.).
Forza explosiva: tamén chamada potencia, é a capacidade de movilizar unha carga non
máxima no menor tempo posible (lanzamentos, saltos, sprints, etc.).