Frío mes de Febreiro
as xentes saltan a agra
comeza a arar terra,
única cousa de seu.
Homes e máis mulleres
sementan detrás dos bois
cos legóns e cos sachos
deixan o rego prantado.
Xa as leiras floreceron
coas choivas de Abril
as prantas agromaro
e con elas os paxaros.
O sol do mes de Xuño
as leiras van sachar
coas mans e cos sachos
a terra removerán.
No mes de Setembro
as fouces vanse afiar
a xente sega o trigo,
a avea ou o centeo,
toda esta colleita
nas eiras se ha de mollar
os bois e máis os burros
axudan na tarefa,
da que logo sacarán
o trigo para mantelos.
Adrián Fernández.4º ESO