Ecuación de segundo grao

A ecuación de segundo grao ten a forma

a x2 + b x + c = 0,
sendo x a incógnita e a, b e c coeficientes coñecidos.

A resolución desta ecuación interprétase gráficamente como o cálculo dos puntos de intersección da parábola

y = a x2 + b x + c
co eixo de abscisas ou eixo-x. A estes puntos chamarémolos x1 e x2.

Pódese demostrar que estas abscisas veñen dadas pola ben coñecida expresión

Dependendo do discriminante b2 - 4 a c, podémonos atopar coas seguintes situacións:

b2 - 4 a c < 0
A ecuación non ten solución
A parábola non toca ó eixo-x

b2 - 4 a c = 0
A ecuación só ten unha solución
A parábola toca nun punto ó eixo-x

b2 - 4 a c > 0
A ecuación ten dúas solucións
A parábola corta ó eixo-x en dous puntos

Introduce nos campos os valores de a, b e c, premendo despois o botón "Resolve", poderás calcular as interseccións da parábola co eixo de abscisas, isto é, as solucións da ecuación de segundo grao.

a = ; b = ; c =

x1 = ; x2 =


Información Voltar 1