Conta a lenda que hai moito tempo o califa quixo premiar a un médico da corte por salvar á súa filla dunha grave doenza. O califa díxolle ó médico que escollera o seu premio, respostando éste:
"Quero que mandes ós teus criados coller un taboleiro de xadrez e que polo primeiro cadro conten un gran de millo, polo segundo cadro o dobre do anterior, polo terceiro o dobre do anterior, e así ata que non haxa máis cadros. Pois ben, eu quero en pago por salvar á princesa o millo que lle toque ó último cadro do taboleiro."
Ó califa pareceulle razoable o premio e aceptou a petición; mandou ós seus criados que se puxeran a contar o millo, pero ...
A cousa semellaba ser ben doada: 1, 2, 4, 8, 16, ...
Máis ou menos a primeira fila do taboleiro viña a quedar así:
| 1= 20 |
2= 21 |
4= 22 |
8= 23 |
16= 24 |
32= 25 |
64= 26 |
128= 27 |
O que fan 128 grans de millo pola primeira fila; ben caben nunha man.
Despois de contada a segunda fila:
| 256= 28 |
512= 29 |
1024= 210 |
2048= 211 |
4096= 212 |
8192= 213 |
16384= 214 |
32768= 215 |
Supoñendo que un gran de millo ocupa aproximadamente 1 cm3, os 32768cm3 = 32'768dm3 dan para encher unha saqueta de millo, ou 32 botellas de a litro.
Despois de contada a terceira fila:
| 65536= 216 |
131072= 217 |
262144= 218 |
524288= 219 |
1048576= 220 |
2097152= 221 |
4194304= 222 |
8388608= 223 |
Imos ver: 8388608cm3 de millo fan 8'388608m3, aproximadamente a capacidade dunha furgoneta actual, ... e levamos tres filas do taboleiro de xadrez.
Fíxate na calculadora que ven a continuación; introducindo o número da casiña (a última é a 64), devólveche os grans de millo que lle corresponde. Por exemplo, a última da cuarta fila é a que fai o número 32, o que dá 2147483648cm3 de millo, ou 2147'483648m3, aproximadamente a capacidade dun pequeno barco.
Proba agora a saber cantos grans de millo ten que darlle o califa ó médico.
|
|
Ó cadro 64 tócanlle nada menos que
(Se a resposta que dá o programa non é igual a esta cantidade, non te preocupes; o que pasou é que se sobrepasou a capacidade de cálculo do intérprete de JavaScript, a linguaxe na que está escrito este programa.)
En todo caso, ¡¡¡¡Máis de 9 trillóns de grans de millo!!!!
¿Pero podes imaxinarte canto de grande é esta cantidade? Para que te fagas unha idea reflexiona sobre o seguinte: