Bergantiños, Terra Farta ou Graneiro de Galicia, cualificativos que fan alusión á calidade e prestixio dos productos agrarios destas terras.
Patacas e fabas, millo e trigo, o afamado pan de Carballo, allos e cebolas, son productos xa tradicionais e con un forte prestixio nas feiras e mercados locais. Tradición e tamén modernidade nos cultivos de invernadoiro, que están a medrar na actualidade, destacando os productos hortícolas e os de flor, cunha incipiente base asociativa para afronta-la súa comercialización.
O cultivo do trigo, tradiconal na comarca, é hoxe máis restrinxido.
O millo é fundamental na alimentación do gando e das aves de corral.
Allos, cebolas e hortalizas comercialízanse nos mercados locais e nos das cidades da Coruña e Santiago.
As fabas son un cultivo tradicional, que pola súa calidade e rendemento económico vai sustituíndo ó millo, cultivo co que adoitaba ir asociado.
Hortalizas e flores baixo invernadoiros están a coller pulo en Carballo, Coristanco e Laracha.
Moitos a consideran a pataca de máis calidade e millor de Galicia. Na súa exaltación celébrase a Festa da Pataca en Coristanco.
A continuación poderedes observar un pequeno resume da nosa agricultura .
O gando porcino é unha especialidade comarcal na que destaca Ponteceso. O gando bovino, para carne ou leite ten especial importancia no sector da ganderia meridional da comarca.
IRENE ANTELO GARCÍA
ERIKA GARCÍA SUÁREZ