A PESCA EN MALPICA
MALPICA NA LEMBANZA(Introducción1)
Ésta é a Malpica de primeiros de século: aldea de 305 casas mariñeiras; con estaleiros
de barcos pequenos, de vela e remo; a Malpica de fábricas de salazón; de casas dunha pranta
con galerías ou balcóns na fachada; de rúas empedradas; a Malpica de zoques nos pés,...
O porto era unha enseada natural na que se combatía en desigualdade barcos e mariñeiros contra
o bravo mar.
No ano 1905, as únicas construccións do porto eran o "murallón" e a "rampa".
Nos anos 60, apareceu unha balea barada na ribeira, frente á Casa do Pescados. Máis
dunha balea barou no porto de Malpica. Éstas desprendían tal cheiro que tiñan que ser
remolcadas mar adentro polas motoras. Alí eran petardeadas para destruílas.
- Malpica foi antigamente porto baleeiro, e un dos portos máis importantes por
capturas dentro da provincia da Coruña. Nas nosas costas abundaban os grandes e pequenos
mamíferos acúaticos. Algunha vella casa usou de viga para aguante do sobrado o esqueleto
dorsal da balea.
Ademáis da balea, que se cazaban para consumo, tamén rondaban na nosa costas:
A TOULIÑA: mamífero de pequenas dimensións e inofensivo para as redes dos mariñeiros.
Incluso era beneficiso para a pesca.
ARROARTE OU DELFÍN: mamífero similar, pero máis grande ca touliña. Atacaba as redes
dos mariñeiros, fundamentalmente ós transmallos.
ESPOLRRÓN: mamífero duns 1000 kilogramos de peso. Coñecíase ó lonxe pola grande
aleta que lle sobresaía de superficie do mar. Era depredador e atacaba con frecuencia
ós arroartes.
SITUACIÓN DE MALPICA(Introducción2)
Situada na terra de Bergantiños, Malpica dista de Carbaque de todo hai, quizás moi pouco de verdade).
As referencias máis antigas de Malpica falan de baleeiros cántabros e vascos, verdadeiros
mestres na captura de baleas, que no inverno se acercaban moi próximas a costa. No século XVI
era Malpica o porto do norte español que maiores capturas presentaba.
FALANDO DO PORTO;(En Malpica "Punta das Obras")
Según algunhas fontes máis ou menos fiables, a chamada e por todos coñecida como Punta
das Obras, foi comezada en 1850. Naturalmente que esta Punta das Obras do 2000 nada ou pouco
ten que ver co proxecto de 1850. Do mesmo xeito cos barcos que hoxe en día ten este porto
(tarrafa e día) tampouco teñen nada que ver cos baleeiros de entón.
ANO 1931. A Punta das Obras continuaba en obras e o mar seguía facendo das súas, rompendo
por aquí e por aló.
Estas obras no peirao de abrigo son acompañados por outros proxectos de menor custe
económico, como por exemplo:
- Muro de Rojito(1945). Hoxe xa non existe.
- Primeira lonxa(1948)
- A "copa"(1954)
A xente de Malpica aínda se acorda do "Día dos casados"(20 de xaneiro) cando o mar
tirou o muro da dársena no ano 1965.
A Costa da Morte (á que Malpica pertence) é famosa entre outras cousas pola súa lenda e
fantasía.
A VENDA NESTE PORTO
Co paso dos anos, quitaronse as "targas" e xa no porto, pagábase directamente con pesetas.
Hoxe en día, os armadores da tarrafa xa non van o peirao, pois o peixe mídese a bordo do
barco en caixóns feitos a medida, e xa directamente van para as caixas e preparase para ser
vendido nas prazas e aldeas.
Pola contra, os armadores "do día" aínda na época que nos encontramos, siguen baixando
o porto para preparar o peixe con xeo, coloca-lo para ser vendido na lonxa, controlar como se
pesa, comprar peixe para a carnada das nasas, palangre, etc.
Outras mulleres que non teñen barcos, gañanse a vida estibando o peixe nas caixas,
cargando nos camións, vendendo o peixe xunto a porta da lonxa e nas prazas, naturalmente,
despois de que fora comprado na lonxa na subasta que día a día se realiza.
Aínda que está totalmente prohibido, neste porto ten pasado, que cando o peixe está a
bordo no barco véndese sen pasar pola lonxa, isto sin que os vixilantes do porto se enteren.
AS REDEIRAS
No porto de Malpica, dende sempre e ata hoxe, a muller é case imprescindible, xa que
realiza un traballo, que aínda non sempre é recoñecido, non por eso é menos importante.
A muller ata as redes, ben sea do seu propio barco ou doutros barcos. Neste porto as
mulleres sempre ataron as redes das tarrafas, ben fora no peirao ou nos campos de Canido e
Seaia. Actualmente, átase no peirao ou ben na recente nave, situada na esplanada (enfronte
á lonxa).
Tamén os barcos que se adican o oficio "do día"(tarrafilla) ten mulleres a saldo
ademáis de súa, que lle atan os aparellos; como miños, raeiros, trasmallos, betas, incluso
reparan as nasas.
Hai pouco tempo as redes confeccionábanas artesanalmente as redeiras con fío de cáñamo
e algodón. Hoxe en día, o que se utiliza e o nailon.
FLOTA PESQUEIRA
Hoxe este porto ten unha flota moi numerosa, xa que entre pequenos (botes) e grandes
fan un total de cento corenta e catro embarcacións.
Por "oficios" clasificaríanse da seguinte forma:
| OFICIO |
Nº EMBARCACIÓNS |
| tarrafas e tarrafillas |
35 embarcacións |
| nasas do pulpo |
33 embarcacións |
| betas |
17 embarcacións |
| palangre e volanta |
12 embarcacións |
| trasmallos, miños... |
14 embarcacións |
| liña |
5 embarcacións |
| percebeiros |
17 embarcacións |
| boteros |
3 embarcacións |
| varios oficios |
8 embarcacións |
Entre todas estas embacacións, ó cabo de cada ano, adoitan facer un total de ventas na
lonxa de entre 800 e 1000 millóns de pesetas.
No porto de Malpica, no verán adoitan vir barcos dos portos de Camelle, Laxe e Caión,
para vender as súas capturas con bastante frecuencia.
ADRIANA CASTRO RODRÍGUEZ
RITA POSE REINO