
Este curso, no CEIP Isaac Díaz Pardo, resultou marabilloso para Ismaíl, pois coñeceu a un montón de amigos e amigas. E pola mediación destes novos amigos, moitas mamás fixéronlle roupas modernas para que se vista á moda. A fin de contas, un gnomo tamén pode ser elegante. Ou non?
Así, Sandra Moreno, a nai de Noelia, preparoulle uns pantalóns verdes, un gorro tamén verde e unha camiseta amarela. Belén Míguez, a nai de Marta, coseulle unha fermosa capa da mesma cor, verde. Marta Castaño, a nai de Clara, fixo unha chaqueta vermella, uns pantalóns grises e unha capa azul, e que incluso leva un botón dunha chaqueta da súa filla.
E María José Barros, a nai de Eloy, regaloulle unha capa morada cuns bordados brancos moi bonitos. Esperanza Lago, a nai de Óscar, sorprendeuno con dous gorros azuis, un para a chuvia e outro de festa, e ademais cunha capa azul como a de Superman. Si, si...! Agora Ismaíl viste a capa de Superman!
E Montserrat Mouco, a nai de Inés, que é unha gran costureira, encantouno cuns pantalóns, un gorro, unha camisa ampla e uns zapatos. E todo en verde e encarnado como mandan as regras do mundo máxico. Para terminar, a nai de Ana e a súa tía, Elena Nieto e Edita Antelo, trouxéronlle unha camisa branca con tres botóns e uns pantalóns vaqueiros... Xa que, por fin, chegou o verán.
As sorpresas foron tan grandes, que Ismaíl quedou sen palabras pola emoción. Nunca antes recibira esta cantidade de roupa, tan variada e tan práctica. Por iso, xamais olvidará este curso, que sempre estará na súa memoria... Un millón de grazas para as familias de 1º A!!!
Ola, ola, caracola!!!
Hai tempo, Nuria Chouciño realizou o debuxo máis famoso de Ismaíl. Outros nenos e nenas, como Carolina González, fixeron máis debuxos e tamén un montón de contos...
E ti? Queres participar?
Ah, tamén podes deixar unha mensaxe no seu Libro de visitas.
Participa!
![]() |
Estamos en verano y las clases han terminado ya. El colegio, sin el ruido de los niños, parece un lugar extraño. Pero hay que hacer otras cosas: ir a la playa o a la montaña, estar con los amigos, viajar, practicar algún deporte, leer buenos libros... Venga, anímate...!
Ismaíl quiere vivir alguna aventura nueva, para alejarse un poco de la vida diaria. Y la Luna siempre le ha gustado mucho, sobre todo en las noches de verano, cuando brilla con más fuerza. Si encuentra alguna oferta buena, seguro que organiza un viaje espacial para llegar allí, a la Luna del verano.
Si tiene suerte y lo consigue, ha prometido que al regresar nos contará todo. Pero espera no tropezar con ningún extraterrestre, porque no le hacen ninguna gracia...
|
|