| |
|
San Vicente de Vigo. Carral (A Coruña) Cóntase que unha vez un mozo, que andaba nun prado
na beira do río, viu chegar un mouro e una rapaza guapísima,
e aquel mouro seica era un xenio. O mozo agachouse, chegou pé deles
sen que o visen, ó tempo que o encanto, despois de falar nunha
fala estraña dixo: E coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río, mesmamente coma se fose a brétema que varre o ar. O rapaz, curioso de seu, foise ó día seguinte de amañecida ó mesmo sitio. Agardou á beira do río, nun claro entre as ramalleiras, mirándose no buligar das augas. Ó pouco de chegar, oiu un asubío po-lo medio do río: cando mirou papou máis medo que na vida. Por riba do río viña a cóbrega máis grande que ninguén vira nunca . Avanzaba por riba da auga coa cabeza ergueita, fitando para o rapaz e botando un ferrete grande como un dedo. O mozo tiña o medo metido no corpo, mais aguantou mentres a cóbrega se achegaba. Cando a tiña de frente, tiroulle un bico e a serpe fuxiu coma un lóstrego. Outra vez voltou o reptil e otra vez fuxiu ó recibir un bico. Chegouse a cóbrega unha terceira vez xunto do mozo, quen lle deu otro bico máis. Nese mesmo intre, a serpe perdeu a súa forma e recuperou a da belida moza, que rompeu a chorar nos brazos do rapaz. Contan por Carral, que o mozo e a rapaza casaron en fóronse vivir ás terras dela co tesouro do xenio.
|