Doniños. Ferrol (A Coruña)

Hai moitos anos apareceu un pobre percorrendo a cidade de Valverde, chegou a unha casa pedindo e dixéronlle:

— iVáiase, que eu non lle podo dar!

E chegou a outra casa dunha señora con dúas criaturas xémeas. A señora dixolle que non tiña nada para dar, pero que ía botar unhas bolas no forno e que se esperaba lle daría delas.

— Ben, pois espero —dixo o pobre.

Esperou, e a muller botou a bola no forno e deulle un pedazo,

0 pobre (que era Xesucristo) díxolle:

— Mire, señora. Aquí hai xente mala e van ter un desengano. Colla por ese camiño arriba e non mire para atrás e será salvada.

— ¿E as miñas criaturas? —díxolle a señora.

— Non se preocupe. Déixeas no camino, que Deus, que ben as ve, xa gobernará.

Entón el marchou e ela colleu por un camiño arriba pero sentiu un ruido, deulle un desmaio e quedou morta.

Apareceu todo inundado, pero as dúas criaturas aboiaron no berce e salváronse. De aí vén o nome de Doniños.


GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel. 1983. Lendas galegas de tradición oral, Ed. Galaxia, Vigo. (Versión recollida po-lo autor en Doniños en 1975).

1