| |
|
Provincia de Lugo, orixe descoñecido Un rapaz atopouse coa morte unha vez e fixéronse moi amigos. Entonces o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigo, que lle ía pedir un favor: que se podía avisar antes de ir por el, que así podería divertirse mellor. A morte prometeulle ó rapaz que así o faría. Despedíronse e pasaron moitos anos sen que o rapaz recibira ningún aviso da morte. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello e díxolle que viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era o convenido, que quedara de avisa-lo con tempo e que éstas non eran palabras. A morte respostoulle: ¿Blanqueouche o pelo? Blanqueou contestou o home. ¿Caéronche os dentes? Caeron. ¿Canráronseche as pernas? Cansaron. ¿Perdiches as forzas? Perdín. E logo, ¿que máis avisos querías?
|