| |
|
A Limia (Ourense) A Limia é unha comarca situada ó sur da provincia de Ourense e comprende as terras bañadas polo río Limia e os seus afluentes. A paisaxe é unha ampla chaira arrodeada de montañas non moi altas.Neste enclave xeográfico atópase a Lagoa de Antela, que foi un dos espellos de auga máis importantes de Europa, logo desecado e hoxe está en proceso de recuperación. Foi o maior lago de auga doce da península, con 7 km de longo e 6 km de ancho.Os atrancos que supoñía para os traballos agrícolas e mailos perigos para a saúde dos ribeiráns (?), "aconsellaron" a súa desecación. Esta foi principiada no século XIX , a partires do ano 1827. Posteriormente unha dona francesa, a marquesa de Longeville, fixo algunhas obras de desecación para a exportación a Francia das ancas de rá, que abondaban nas xunqueiras da lagoa, mais a desecación definitiva encomezou no ano 1958. Pero hoxe está en proceso de recuperación.
A LAGOA DE ANTELA
A lenda narra que Deus quixo castigalos pero Xesús propuxo redimir ós máis xustos baixando á cidade en forma de mendigo. Percorreu así tódalas casas pedindo esmola sen que ninguén se apiadase del. Xa de volta, aflixido, e mentres estaba cruzando unha carballeira, viu unha casa habitada por unha muller anciá á que tamén lle pediu esmola. A muller ofreceulle unha cunca de leite e un anaco de bica e tamén abeiro para pasa-la noite. Á mañá seguinte Xesús amosoulle á anciá o que fora da cidade de Antioquía. A muller quedou sorprendida ó ver que a cidade desaparecera e que no seu lugar había unha lagoa. Ninguén se salvara, agás ela... Nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos.
|