| |
|
Ponte. Santa Madalena de Ponte e A Veiga. Santa María da Veiga. A Veiga do Bolo (Ourense) Na Lagoa da Serpe, na serra de Pena Trevinca, dicíase que antigamente había unha serpe moi grade temida por todos. Segundo di a lenda, nas noites de lúa chea, esta serpe convertíase nunha fermosa muller e que cando un mozo lle acertase cun salivazo na boca, esta habíase converter nunha fermosa muller e casaría co mozo. Unha noite de lúa chea, un mozo da aldea de Ponte, que é a máis próxima á lagoa, foi ver a serpe e topouse coa fermosa muller. Entón esperou ata que abriu o día e, candao se converteu de novo en serpe, cuspiulle na boca. Nese intre volveu aparecer a fermosa moza que el vira po-la noite e casaron os dous.
A Lagoa da Serpe está na Pena Trevinca. A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se te metes nela, sómete par dentro. Xa houbo un caso dunha persoa que foi sumida para dentro, pero non se sabe de xente que morrese por bebe-la auga porque ninguén se atreve a face-lo.
|