|
Santa María de Luceda. A Cañiza (Pontevedra) Ó ir os nenos co gando ó monte, aparecíaselles unha moza moi guapa que vestía unha saia moi longa e con moito vóo, un pano ó pescozo, con floco ata o cóbado e espido nas costas, pelo que lle chegaba á cintura e un pano á cabeza. Contáronlles os pequenos ós seus maiores esta aparición. Foron ve-la, descobrírona desde lonxe sobre un coto, pero desapareceu por encanto ó achegárense.
Unha rapaza da montaña, que viña co gando ó monte, principiou relaciós neste lugar cun rapaz que se lle aparecía alí, sempre no mesmo sitio. Naceu un neno, ó que deu a luz no mesmo monte e quedou co pai para que non o souberan na os familiares da nai e pasados uns días volveu á casa pero todos, á mesma hora, ía dar de mamar a criatura. Desconfiaron os pais e un día mandárona amasar, quixo negarse e non puido, na hora de mamar o neno. Ó estar amasando, saiu leite do seu peito, marchou ó monte, seguírona os pais e viron ó home coa criatura nos brazos. O home desapereceu e non volveu. Os veciños buscárono por todo o monte e non o atoparon. Dise que no interior deste monte teñen vivendas os mouros.
|