Cerqueiras. Santa Cristina de Vea. A Estrada (Pontevedra)

No lugar de Cerqueriras, da parroquia de Santa Cristina de Vea, concello da Estrada, e de fronte da capela da Gándara, adicada á Virxe de Aránzazu, atópase un cruceiro barroco de boa arte popular. Ten no varal de sección poligonal a figura dun frade francisco con palma na man dereita, que ben puidera se San Antonio, aínda que sen neno. Na cruz se presenta a Cristo encravado por unha banda e, po-la outra, á Virxe triunfante, cos brazos abertos como no pasamento da Ascensión, con anxo todoó redor.

No basamento ten este epígrafe:

JUAN DE PORTO Y CATALINA DE RIBEIRA SU MUGER PAGARON ESTA OBRA AÑO 1742

Nunha das faces do varal, estoutro bastante comesto xa po-lo tempo:

ANTE ES/TE CRUCE/RO..... VN/....... SALVE/....... APEDIMIº/DE QUIEN/ LO MANDÓ/
/HACER AÑO /DE 1747

Os veciños do lugar Francisco Barcala Sinde e Xosé Barcala, duns corenta e cinco anos, contáronnos a lenda do erguemento do cruceiro manifestando que, condo o lugar de Cerqueiras era todo unha carballeda, había moitos lobos nel, e certo día as feras levaron unha meniña filla de Xan do Porto e Catalina de Ribeira, que figuran na inscrición do cruceiro. Buscaron os pais a nena inzados de dor, sen atopa-la por ningures. Acudiron entón á Virxe que na capela recibe homenaxe e pregaron acesamente. Cando voltaron buscar deron coa nena viva e sá, acariñando un lobo morto que tiña á beira. Os pais, agradecidos, fixeron erguer o cruceiro que alí está.


BOUZA BREY, Fermín. 1932. "Léndaa de lobos do Cruceiro de Gándara", en Nós, nº 98, Ourense

1