"A do tecido do mundo é unha das máis persistentes e
fecundas metáforas da mitoloxía e –como non- do pensamento. ¡Dar co segredo que
mantén tanta variedade de cousas atadas nunha orden de beleza indecible! Facelo
en pequeño é o mesmo que facelo en grande".
Ángel Álvarez
Realizo
traballos en tear artesán de baixo lizo.
Utilizo
sempre fibras naturais como o algodón, liño, ramio, la, alpaca, seda,
etc.
Os deseños son
totalmente orixinais.
Principalmente
elaboro bufandas e chales, aínda que tamén realizo pezas de casa como cortinas,
panos de mesa, coxíns, etc.
Admito
encomendas e ensino a tecer.