|
O Saviñao |
|||
|
Vizosas
ribeiras do Miño.
Outrora testemuñas da proliferación de mámoas e castros, de mosteiros e loitas irmandiñas, as terras do Saviñao receben a mornura do Miño en forma de vizosas ladeiras onde madurecen os Viños de Ribeira Sacra. |
|
||
|
Parque artístico e natural. O
Saviñao constitúe en si mesmo un auténtico museu arqueóloxico, á par
que unha terra de sobranceira beleza natural. Das súas mais de 10 mámoas
resulta de especial interese a de Abuime, considerada unha das maiores de
Galicia. Pola súa banda, dos mais de 27 castros estrados polo concello
son merecentes de visita os de Freán, Corbeixe e Vilatán. Os
numerosos cursos fluviais baixan desde alturas superiores aos 600m cara ao
Miño conformando pequenas ribeiras montañosas ideais para a pesca. Os
coutos existentes nos ríos Sardiñeira e Saviñao son especialmente
recomendados para esta práctica pola afamada calidade das suas troitas. Próxima á marxe esquerda do Sardiñeira, a parroquia de Xuvencos acolle a súa fermosa igrexa románica e a súa Torre, único resto dun castelo pertencente á familia dos Ulloa e derrubado durante as Guerras Irmandiñas. Sorte parella sufriu a Torre da Casa-forte da Candaira, na parroquia de Rebordaos. Próximas ás augas do Saviñao, érguense dúas xoias do esplendoroso románico galego: as igrexas de Seteventos e Marrube, ambas as dúas do século XII. A segunda conserva importantes pinturas goticas. |
|||
|
Terra de excelentes viños. No
meandro que o Miño forma perto de Escairón o viño é a forma de vida. A
paisaxe de sucalcos tinxidas polas cores da vide é particularmente
atractiva nas ribeiras próximas a Diomondi. Aló existen varias adegas
dedicadas á elaboración dun dos Viños da Ribeira Sacra, o chamado das
Ribeiras do Miño. As súas variedades principais de uva branca son o
Godello e o Alvariño, mentres que entre as de tinto destacan a Mencía ou
a Garnacha entre outras. Xa na Idade Media, os frades dos mosteiros de Diomondi e o desaparecido de San Agostiño, na parroquia da Cova, estaban dedicados á elaboración destes excelentes viños e ao seu comercio fluvial entre os mosteiros e as povoacións ribeireñas. Hoxe en día, cunha Denominación de Orixe recentemente creada, albíscase un futuro prometedor para os cada día mais prestixiados viños da RibeiraSacra. |
|
||
|
Terra de mosteiros da Rivoyra Sacrata. O
antigo mosteiro de San Vitorio de Ribas de Miño, do que tan só se
conserva a súa igrexa románica, aparece estreitamente ligado ao
eremitorio e ao castro situados nas súas proximidades. Pola súa banda, o
de Santo Estevo de Ribas de Miño, ainda mostra orgulloso a súa
esplendorosa igrexa románica, cuxo pórtico e rosetón teñen sido
atribuidos ao propio Mestre Mateo, autor do Pórtico da gloria da
Catedral de Compostela. Seguindo o curso do Miño cara Diomondi, atopamos o antigo Mosteiro de
San Pelaio de Diomondi, que fora en tempos un dos mais relevantes da 'Rivoyra
Sacrata'. A súa primeira noticia data do ano 954 e foi consagrado ao
xoven mártire galego Pelaio, sobriño do Bispo de Tui. Tras a súa
decapitacion en Córdoba, os restos do mozo foron conservados como
reliquias, chegando a noticia do martirio ás letras da benedictina
alemana Roswitha. |
|||
Esta páxina está pensada para ser vista a unha resoluzón de 800x600.