| REGULAMENTO
DAS SAÍDAS:
A saída é sempre dende a Casa do Concello de Foz
As inscripcións faranse ata o venres
A cuota pagaráse no autobús
Nas saídas do grupo, todos saímos e
chegamos xuntos, naide agás co permiso da guía, poderá tomar outra ruta
que non esté no programa establecido nin abandonar o grupo.
Neste grupo hai un equipo que traballa para
que todos disfrutedes da ruta. Colabora tí tamén
NOTAS
IMPORTANTES:
Tódalas actividades deste calendario
poden estar suxeitas a modificación ou anulación, si causas de forza
maior así o aconsellan, do cal avisaríase con suficiente
antelación.
As características de tódalas
actividades a realizar (hora de saída, duración aproximada e dureza)
serán comunicadas no andadeiro do mes que se collocarán nos lugares de
costume, atención ós mesmos.
Aconséllase equipo básico de
sendeirismo.
HORARIO:
É moi difícil asignar un horario xusta
para cada percorrido. Este variará en función das facultades físicas e
entrenamento de cada un.
O horario de unha ruta refírese a tempos
medios aproximados a persoal experimentado, o cal sempre leva endadido un
tempo estimado de paradas.
A
secretaría da asociación estará aberta tódolos mercores de 19:30 a
20:30 h
|