
O
magosto é a festa
de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes
en diversos ritos e tradicións da nosa zona.
Esta festa
hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asa-las castañas e
seguidamente come-las e xogar, bailar, contar contos, cantar,
etc.
As castañas poden asarse no lume
directamente, ou tamén meténdoas dentro dun cilindro metálico con
furados e que poida xirar sobre o lume.
É común
tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata e saltala para que
dea boa sorte.
A festa do
magosto ten ingredientes dos rituais celtas: o lume, a coincidencia co fin do verán,
etc.